Novo partido para defender a identidade das terras do Eo-Navia nas eleccións asturianas

O Partido da Terra presenta candidatura ás eleccións autonómicas asturianas pola comarca do Eo-Navia. Será a primeira vez que un partido centrado nos intereses da comarca e na defensa da lingua galega concorra nas unhas eleccións en Asturias.

Por Galicia Confidencial | Navia | 23/02/2012 | Actualizada ás 09:44

Comparte esta noticia
A Xunta Electoral do Principado das Asturias proclamou hoxe a candidatura presentada polo Partido da Terra para as eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias que terán lugar no próximo 25 de marzo. A candidatura do Partido da Terra Eu-Navia é unha iniciativa plural que integra a persoas vinculadas a distintas colectivos sociais, asociacións culturais e organizacións políticas, a maioría sen conexión algunha co propio Partido da Terra máis alá do interese por dinamizar unha comarca que comparte con Galicia a súa lingua e intereses comúns.
 
Por iso, participan como independentes persoas como Ánxel Suárez Alvarez, Luis González Blasco ‘Foz’, Daniel González Vázquez ‘Lavesedo’ ou Alexandre Baños. Segundo informa o PT, a candidatura ten unha “forte compoñente simbólica” para defender “de forma pública, sen medo e sen complexos, a voz das persoas comprometidas cos intereses e coa cultura da Terra Eu-Navia”.
 
Defensa do galego
 
A pesar de que non conta cunha estrutura estábel, o PT confía en que esta candidatura se transforme nunha ferramenta útil para propor novas ideas para e desde o Eu-Navia. Por ese motivo, as próximas semanas partillará as súas propostas con asociacións veciñais, culturais, ambientais e de defensa da lingua da comarca para incorporalas ao seu programa electoral.
 
E é que o galego é falado por aproximadamente o 60% da poboación da comarca, no Eu-Navia existen “graves prexuízos”, segundo o PT, en relación á defensa do galego en Asturias ou galego-asturiano. Por iso, esta formación insiste na necesidade de acabar coa discriminación política e cos ataques mediáticos para que a identidade lingüística da comarca poida desenvolverse en liberdade nun cadro de tolerancia, comprensión e respecto.
 
Os promotores da candidatura recoñecen que é moi improbábel que alcancen o apoio suficiente como para ter unha presenza efectiva na Xunta Xeral do Principado. A disolución do Eu-Navia nunha circunscrición electoral que chega até as portas de Oviedo, así como o feito da circunscrición occidental ter atribuídos só seis deputados, reduce o seu peso político. No entanto, o PT salienta a presentación doutras candidaturas comarcais en Asturias, como a de a AUSEVA-Red no Oriente coa que procurará construír alianzas para futuras convocatórias electorais.
 
Programa
 
O programa do Partido da Terra Eu-Navia presenta un proxecto “democratizador, destinado a transformar o actual sistema parlamentario noutro verdadeiramente participativo e deliberativo”. Por iso, defende o establecemento de fórmulas de participación política directa e dféndese que as paróquias e barrios teñan o maior número de competencias posíbeis e, entre elas, o dereito a decidiren libremente as estruturas administrativas das que queiran formar parte.
 
Tamén se aposta pola fusión dos actuais concellos da Terra Eu-Navia nun só Concello Comarcal, con competencias para a xestión mancomunada dos servizos públicos que as parroquias integrantes queiran delegar. Proponse tamén a plena oficialidade do galego das Asturias nos actuais concellos da comarca e, eventualmente, nas parroquias constituintes do Concello Comarcal, así como a plena oficialidade da lingua asturiana naquelas parroquias onde sexa patrimonial. 
 
Tamén apoia a cooperación política e da sociedade civil para alén das fronteiras administrativas, defendendo o reforzo e establecemento de novos programas conxuntos para o desenvolvemento local, a dotación de servizos ou a conservación do patrimonio, tales como a Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burão.

None
Comparte esta noticia
¿Gustache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

11 h5dc

A min gustariame unha comunidade autonoma eo-naviega, poderiamos chegar a pactos con eles e defender o "noroeste" e os nosos intereses comúns. Ademáis teñen unha fermosa lingua a preservar, chámese galego, fala ou o que queiran

10 undamariña

animo veciños e moita sorte nesta nova andaina, os da outra beira do rio desexamosovos moita sorte.Eu sempre me sentin na miña terra namasi chegar a navia , camdo viña do lado de asturias. Un abrazo dun de Viveiroque ama esa terra como sùa,e à xente que alì vive como irmans que somos ainda que separados por fronteiras politicas que nunca deberian de haber existido.

9 tin

Pois nada, bembidos e avante que non vai ser doado. Non é sinxelo ser galego na galiza pois non quero imaxinar fora da galiza administrativa. Bembidos e parabéns

8 León Gallego

Asturias, patria querida. Asturias de mis amores. ¡Quién estuviera en Asturias, en todas las ocasiones! Tengo de subir al árbol, tengo que coger la flor y dársela a mi morena que la ponga en el balcón.

7 kike

Separatistas expansionistas ? Cando se cansara o separatismo de facer castelos no aire e se topara ca realidade ?

1 Akribéstaton

A qual te referes, à realidade cretinizada decretada? A realidade é para pisar nela para tomar impulso. O primeiro critério é se estamos perante uma proposta democrática na sua concepção, no seu nascimento ou implementação e no seu exercício. O segundo: se enriquece ou intensifica (pois o SENTIDO é um bem -se não o bem- que há que reivindicar) a existência dos homens nessas terras e nos homens nas terras que as circundam. A prosperidade -ou a vida economicamente digna- virá por acréscimo do anterior.

2 tornecelo

"A realidade"?? A que che dan ou a que che venden?