Ciudadanos suspende de militancia ao seu edil en Malpica por votar xunto ao BNG para ceder a Alcaldía ao PSOE

Abriuse un expediente sancionador por "non respectar a política de pactos marcada por Madrid".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2019 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

O secretario de Organización de Ciudadanos Galicia, Laureano Bermejo, informou este venres da apertura dun expediente sancionador e a consecuente revogación da filiación ao seu único concelleiro en Malpica, Alfredo Cañizo, que sumou o seu voto ao dos edís do BNG e o catro do PSOE para que o socialista Walter Pardo accedese á Alcaldía o pasado sábado.

Segundo explicou Bermejo nunha rolda de prensa celebrada na sede da formación laranxa en Santiago, esta decisión prodúcese despois de que Cañizo "non respectase a política de pactos marcada por Madrid" e optase por "pactar con determinados partidos para os que non estaba autorizado".

Neste sentido, o secretario de Organización de Cs en Galicia xustificou a expulsión do edil en que o BNG "foi en coalición con Bildu" nas eleccións europeas. "E máis tendo en conta que a primeira persoa asasinada por ETA era, precisamente, de Malpica", engadiu.

Deste xeito materialízanse as medidas que hai unha semana anunciou o partido de Albert Rivera despois de saberse que Cañizo actuou "de maneira unilateral" e "sen consentimento" para facer alcalde ao candidato socialista.

Nas eleccións municipais do 26 de maio, o PP perdera a maioría absoluta ao retroceder un edil e quedar en seis. O PSOE foi a segunda forza máis votada, con catro edís, mentres que o Bloque obtivo dous representantes e Ciudadanos un.

O secretario de Organización de Cidadáns Galicia, Laureano Bermejo, en rolda de prensa. CIDADÁNS
O secretario de Organización de Cidadáns Galicia, Laureano Bermejo, en rolda de prensa. CIDADÁNS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta