Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2019 | Actualizada ás 14:34
Unha empresa situada no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, en Ourense, lanzou unha aplicación para que os empregados poidan fichar co móbil co obxectivo de "facilitar ás empresas e pemes o cumprimento da nova normativa de control obrigatorio da xornada laboral".
Esta ferramenta foi creada por Primux, unha empresa tecnolóxica que concibiu esta nova 'app' no seu centro de I+D ourensán. Segundo a compañía, esta fórmula evita "as aglomeracións á hora de fichar en dispositivos situados á entrada das empresas", así como "a memorización e posible extravío dos códigos de rexistro por parte dos traballadores".
A 'app' ten como novidade que permite fichar co móbil só en caso de estar a menos de cinco metros do posto de traballo, para "garantir a presenza requirida". Ademais, dispón dunha plataforma onde o administrador pode filtrar os datos do empregado, exportar informes e editar fichaxes de forma sinxela.
Por outra banda, a aplicación foi deseñada baseándose no estudo relacionado coa tecnoloxía española que utiliza nos teléfonos intelixentes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.