Carmela Silva non descarta que o pacto entre PSOE e BNG na Deputación de Pontevedra se peche tras a investidura

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, evitou pór unha data límite para a firma do pacto de goberno que están a negociar o Partido Socialista e o BNG e asegurou que non descarta que esta poida producirse despois do pleno de investidura, que terá lugar o vindeiro mércores 3 de xullo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2019 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, evitou pór unha data límite para a firma do pacto de goberno que están a negociar o Partido Socialista e o BNG e asegurou que non descarta que esta se poida producir despois do pleno de investidura, que terá lugar o vindeiro mércores 3 de xullo.

Carmela Silva.
Carmela Silva.

Carmela Silva remitiuse ás declaracións do secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia David Regades e do actual vicepresidente da Deputación, o nacionalista César Mosquera, nas que aseguraban que o acordo está próximo a pecharse.

A presidenta insistiu en que ela está "moi orgullosa" de estar á fronte nestes catro anos dun goberno bipartito co Bloque "e estaría moi honrada de volvelo a facer", declarou este xoves en rolda de prensa.

Sobre as competencias que xestionará cada un, Carmela Silva admitiu que á vista do resultado electoral que propiciou que o PSOE incremente o seu número de deputados de 10 a 13, "a repartición terá que ser diferente".

En todo caso, a presidenta destacou que o acordo entre o PSOE e o BNG será "programático" e a distribución de áreas de xestión non é relevante posto que "haberá diálogo e acordos para tomar decisións en todo" e ademais "as áreas non son departamentos estancos", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Estes chiringuitos están máis caducados que Matusalem, pero cando se trata de darlle aire aos políticos de segunda fila son nichos de poder moi interesantes... ¿alguén sabe cómo se reparten os deputados provinciais? ¿alguén ten idea de como se reparten os Partidos Xudiciais? Deberan facer máis pedagoxía para que a cidadanía entenda como se lles toma o pelo día sí e dia tamén... https://www.depo.gal/es/pleno Ver con calma a Acta de Constitución da Deputación de Pontevedra do ano 2015 https://www.depo.gal/documents/1076...+sesi%C3%B3n+constitutiva+CORPORACI%C3%93N+2015-2019.pdf/5f832843-5e9f-4f1a-995b-cb543818e6f1