“Quero vivir con dignidade”

Javier Fernández Castillo é un músico cubano que fai folga de fame estes días na praza do Obradoiro para denunciar "a ditadura dos Castro" e reclamar "a liberdade, a democracia e o cumprimento dos dereitos humanos" para o seu país. O consulado négalle a entrada en Cuba por solidarizarse con Orlando Zapata.

Por Jorge M.de la Calle | Santiago de Compostela | 03/03/2012 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Javier Fernández Castillo é un músico cubano de 37 anos, santiaguero e residente en Galicia. Hai xa dous anos iniciou unha folga de fame de 27 días fronte ó consulado cubano de Compostela en protesta pola morte de Orlando Zapata, para esixir “a liberdade dos presos políticos cubanos”, “o cumprimento dos dereitos humanos”, e “a liberdade e democracia con garantías para Cuba”. O consulado non só non o escoitou, senón que lle negou a entrada en Cuba, polo que non volverá ver os seus pais enfermos nin o resto da súa familia e compatriotas, de non levantarse este veto. Por iso, Javier está dende o mércores de novo en folga de fame, apostado no Obradoiro e reivindicando “os dereitos humanos para a ditadura dos Castro”, e seguirá porque quere "vivir con dignidade".

None

 

Por que estás aquí?

Estou aquí en representación de tódalas persoas en Cuba que non teñen voz, para que se cumpran dunha vez os dereitos humanos en Cuba. Existen humanos sen dereitos, e iso é imposible. Os dereitos humanos están para cumprilos, non son unha carta de recompilación de boas intencións, creo que cada ser humano ten que velar para que se cumpran. Non creo que teña que ser ningún goberno quen teña que facer todo o esforzo. É requisito individual que se cumpran, e eu estou aquí para que se cumpran.

Como te afecta a ti particularmente esta supresión de dereitos en Cuba?

None

Pola folga que fixen no consulado négaseme rotundamente a entrada no meu país. O cónsul di que son unha persoa “non grata”, e di que esa orde lle chegou do goberno de Cuba.

Non che deixan ver a túa familia?

Non, non me deixan ver a miña familia; agora mesmo a miña nai e o meu pai están enfermos e eu non podo ir a Cuba.

Familia

Alegando que os teus pais están enfermos, non podes ir velos?

Non. Dinme que tódolos trámites os faga por correo, que eu non podo pisar máis alí. A miña avogada foi maltratada, teño gravacións. Tratóuselle dunha forma despectiva, “Que fas ti aquí?”, “Isto pertence a Cuba e non tes que facer nada aquí, isto é de cubanos”. Eu creo que un cónsul está en representación do pobo, non dun goberno totalitario. Teste que sentir identificado en calquera país co teu consulado, e o consulado identificado contigo e resolverte os teus problemas. Non poden ser simpatizantes dun réxime sendo culpabeis, porque saben o que está pasando, e enriquécense de tódolos cubanos que están aquí. Porque a suma de grandes divisas que ten que pagar un cubano para ir a Cuba, para que lle poñan un cuño, que llelo pregunten aí, que teñen tarifas, sobre como se debe tratar a cada cubano que vaia por aí.

Hai que pagar para entrar en Cuba?

Hai que pagar por renovar o pasaporte. Pero unha renovación de pasaporte pode costarche sesenta euros, segundo o “status”, como me dixeron eles.

Status?!!!

Status”. Nunha sociedade que disque suponse que é socialista, e comunista, hai “status”. Así mo dixeron a min, na miña cara e diante da avogada.

"Cubano renegado"

 Non será polo nivel económico, non? Senón pola condición de cubano, moi cubano, “cubano renegado”...

Aí. “Cubano renegado”, “cubano que fai favores”, “cubano que se deixa cravar”... Sabe deus o que teñen montado. Iso non se pode permitir. Por que os cubanos permiten iso? Porque teñen medo. O amor que teñen á súa familia é tan grande que se esquecen do odio, do rancor, pasan totalmente e se teñen que pagar grandes sumas de diñeiro as dan, por ver a súa familia. Pero coido que se queremos cambiar algo, cadaquén ten que achegar un pouquiño. E non é que sexamos arrogantes, senón que cada persoa ten que loitar polos seus dereitos, e non unha soa, nin Orlando, nin as Damas de Branco, nin Wilman, nin sete persoas que están “dando o callo” en Cuba para que a cosa cambie. É moi bonito dicir: “Si si, iso está ben, pero que o faga outro”. Pero ti, cubano, que fas? Nada. Deixarlle o “marrón” ós demais. E non só iso: critica. Até iso chegamos. Critícase a quen quere defender os dereitos humanos en Cuba, se lle maltrata, se lle persegue, se lle recortan máis os seus dereitos, non se lle deixa entrar, se lle priva do seu traballo... Vostedes saben todo o que pasa alí.

Bueno, non hai moita información...

Si hai información en Internet, e todo aquel que queira infórmase. Non hai xustificación para que agora me digan a min que nun país coma este non hai información, quen non se informa é porque non quere. Porque todo o mundo ten acceso a Internet, a preocuparse...

"Non hai Internet"

A ver, si, eu preocúpome, pero hai unha sorte de aureola mítica de que Cuba é a patria do socialismo e da Revolución que vela toda crítica. Mesmo alí os medios son todos oficiais, non si? Non hai liberdade de expresión, é verdade que non podes conectarte a Internet?

Exactamente, hai unha máscara... e non hai Internet, hai agora mesmo Intranet para algúns blogueiros: se a información non é ben considerada polo goberno, non a sacan. Hai un certo temor a dicir a verdade, e a verdade dise en quente, non se mete nun microondas, entendes? (risos) É unha información requentada. E esa é a miña vivencia persoal, non cha contaría se non o tivese vivido.

Baixo esa mancha hai algo máis, oculto. Imos ter que aplicar o mesmo xabón diplomático que aplican eles. Porque a moita xente que vai a Cuba a facer negocio, se lle aplica o xabón ese, lávase as mans, e con ese xabón eu veño aquí e fago o meu negocio, con este tipo que está maltratando a súa poboación, e a min non me interesa! Porque os contratos, para eles, están por enriba de tódolos dereitos humanos e de tódolos cubanos. Interésanlle os contratos, e sacar os presos de Cuba para que non lle busquen problemas, para que non se lles forme unha revolución porque teñen negocios alí, capital invertido. Esa é a realidade de Cuba, e de moita xente galega que ten posesións en Cuba e espera que non cambie a cousa porque sabe que, tal e como está a situación, pódense retirar a Cuba, e entón pasan por enriba da dignidade do cubano. E eu non estou disposto a pasarlles nin unha máis.

Orlando Zapata

Antes da folga por Orlando Zapata, tiñas máis problemas co consulado cubano?

Si, deixáronme nove anos sen ir a Cuba porque me neguei a pagar unha cláusula que me dixeron que tiña co consulado, e se non a pagaba non podía volver.

Estando fóra tes que seguir pagándolles... para poder volver?

Estando fóra, si si... Coma se fose unha “degenerá”, como para non dicirche outra cousa mal dita (risos). É así. E ti, se pagas un imposto, é para que se fagan estradas, hospitais... para que se vexa un beneficio. En Cuba ti que beneficio ves? Non, embólsano, fan máis hoteis...

Cres que hai xente que se enriquece?

Si, enriquécese. Moito diñeiro, e agora coa visita do Vaticano vaise ver.

Cantos anos levas aquí?

Levo 18 anos en España, a maioría en Galiza. Teño feito moitas cousas, mais son músico. Reivindiquei os meus dereitos non soamente por min, senón pola miña xente. Hai unha demanda en min que me prohíbe quedar calado.

 A xente que pasa por esta praza solidarízase contigo?

Hai moitos que me apoian. A xente para a mirar, achégase e charla tamén.

Tamén houbo xente, sobre todo rapaces con certa ideoloxía pro-castrista, que se riu de ti, non si?

Non hai que darlle máis importancia a iso, porque son nenos. O que máis me incomodou non foi que atacaran a miña persoa, porque non estou reclamando nada meu, estou reclamando os dereitos humanos, que son dereitos universais. É unha ofensa ó pobo de Cuba. Eles están adoctrinados, e rinse do pobo de Cuba, pero non de min. Primeiro me deron uns panfletos...

 A ti que sabes máis ca eles o que é vivir alí...

Exactamente, eu teño unha vivencia, que non se pode comparar ás historias. As historias son historias, pero coidado coas vivencias, que son algo máis que historias.

Ideoloxía

Pódoche preguntar que ideoloxía tes? Tes algunha?

Eu! A dos dereitos humanos. Esa é a miña ideoloxía. Eu non creo nin no comunismo, nin no socialismo, nin no capitalismo... Ninguén me afilia, eu non estou afiliado a ningún partido americano deses... Eu son un cidadán de a pé, cunha conciencia. Non son pro-ianqui, nin, teño nada que ver con iso. A min me move a miña conciencia, non me move ningún interés, como a ti, entendes, que non vas recibir ningún diñeiro pero te move o interés de sacar a luz o que me está pasando, e agradézocho.

Estarías a gusto en calquera sistema, entón, sempre que respectara os dereitos fundamentais.

Que respecte os dereitos humanos, que son moi fundamentais.

Vas rematar hoxe?

Non, como me vou ir? Seguirei até que poida, e dáme igual que Castro non me vaia facer caso, isto non é un problema con Castro, é un problema comigo, que quero vivir con dignidade. Esta vida non me sabe. A vida é como un chicle, e chega un momento no que perde sabor.


Galería fotográfica aquí 

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 206 comentarios

5 Artus

Debería ter coidado o Confidencial e confirmar a veracidade das informacións para que nos tempos que corren onde hai tantas traxedias de violencia de xenero non lle colen a 2 confirmados maltradores coma Wilmar Villar ou Orlando Zapata como héroes da liberade.

1 Manolo2

Claro, claro, aquí en la escena política tenemos a dirigentes de izquierda condenados por maltratar a su esposa como el socialista Eguiguren. Y sin embargo nadie los asesina por ello.

2 Lector crítico

É unha entrevista... Non a creba do PC. E o GC non é o Granma, é un MEDIO LIBRE e que ten en conta as PERSOAS.

3 Artus

Manoliño coido que temos que condear todo o maltrato veña de onde veña, empezando polo humano e rematando polo animal.

4 Lector crítico

Cousa que non fas ti, Artus.

4 Comunista

En Cuba se violan os dereitos humanos.....pero en Guantanamo e este langrán non di nin chisco de eso. Cando mais apretan os fascistas burgueses ao pobo sempre sacan a mercenarios que nos din que malos son os comunistas. Olla para a laboura solidaria dos medicos cubanos en Haiti que salva miles de vidas e olla os que mata o teu capitalismo de dereitos humanos.

1 Manolo2

¿Le han preguntado por Guantánamo por la Guerra de Cuba? Creo que no. Mira comunista, déjate de tanto rollo y dime como ayudas tu a los que no tienen que comer.

2 Comunista de verdade

Si, pero... do que di que???? El non fala de Guantánamo, pero non quere dicir que estea dacordo con iso. Está falando dos CUBANOS, e da súa propia experiencia. É normal que teña que pagar fóra do seu país ao seu país para volver a el? É normal un imposto "revolucionario" (nunca mellor dito) para volver a ver a túa xente, OS TEUS PAIS!!!, e que por riba cho impidan, de por vida, por protestar e dicir o que pensas??? Iso é TOTALITARISMO, algo moi parecido ao FASCISMO. E dicho outro comunista, pero que non está dacordo con que se pase por riba das persoas, que deberían ser as qeu estivesen por riba das ideoloxías. Ti non es comunista, amiguiño, ti es castrista, e totalitario.

3 Artús

Xa colega e ti eres un purista falabarata que vas de comunista de salón e non codeas o imperialismo ate o ponto de que non consideras Guantanamo territorio cubano ilegalmente ocupado.

4 Artús

Xa colega e ti eres un purista falabarata que vas de comunista de salón e non codeas o imperialismo ate o ponto de que non consideras Guantanamo territorio cubano ilegalmente ocupado.

5 Comunista de verdade

Ti tampouco falas do imposto "revolucionario" aos de fóra, pseudoComunista, nin das persecucións a quen pensa diferente, nin de que non haxa liberdade de expresión... E quen cala é cómplice.

6 Artús

Eu estiven en Cuba varias veces e notando certos aspectos criticables e fallos que non se poden negar,non vin nada de falla de liberdade de expresión, nin persecucións nin vainas de 4 iluminados coma ti. A ver se te enteras Cuba está en guerra, guerra declarada unilatwralmente por USA que conde con ate 4 anos de cadea e multa de ate 1 millón de euros a calqueira cibdadan ianque que viaxe a Cuba ou calqieira empresa que comercie con dito país.

7 Marxista

Ha!!! "Calquera empresa que comercie con dito país". Hahaaha!!! Interésanlles máis os negocios cás persoas, e ti non viaxaches alí, e se viaxaches, outro cego máis.

8 Antón

Calqueira empresa ou persoa, dixen. A ver se leemos antes de falar.

3 Antón

A ti te move o vivir do conto. Dos 400 cubanos entre disidentes e familiares acollidos polo estado español nos últimos 4 anos tan só 5 se puxeron a traballar neste tempo e 4 eran en curto espazo de tempo deixaron o seu traballo, pese as multiples facilidades para atopar traballo que lles concede o estado. Claro que cos 1.300 euros mensuais que lles confire o estado mais axudas para vivendas, libros etc. Ao contrario que o restos de inmigrantes que os confiren en centros de concentración pra inmigrantes onde se lles priva de todolos dereitos, e varios se suicidaron por suas condicións, algún mesmo hai poucos meses.

1 Antón

Porque hai que botarlle moito morro para decir co maltratador de mulleres e delincuente con unha grave doenza bipolar, Zapata, reclutado pola SINA na cadea como a maioria de delincuentes para usalos como propaganda contra Cuba. Ou como o reo de Santa Clara o inclito Wilmar denunciado pola sua propia sogra por maltrato a sua muller e confirmado pola suas propias nais e hirmans o mesmo Herald coma un home violento e maltratador, reclutado polo mercenariado cando fai condeado a 2 anos de cadea por estos feitos.

2 Artus

Por certo varios de esos defensores da liberdade se negaron a convivir en centros con outros inmigrantes e mesmamente foron expulsados de algúns por violentes e peneques.

3 Manolo2

Como de costumbre Antón se posiciona a favor de los asesinos y terroristas. Vuelvo a poner el ejemplo del socialista Eguiguren, condenado por maltratar a la parienta y tan amigo de tus amigos terroristas de ETA.

4 Comunista de verdade

É incrible como poden aflorar os fascismos mentais e as actitudes e "parlamentos" RACISTAS cando se tocan as ideoloxías, mesmo en xente que debería ser humana coas persoas porque é o imperativo da súa ideoloxía. É incrible, Antón. Ponte na súa pel, e non digas que vive do conto, porque leva 18 anos traballando en España e en Galiza, cotizando relixiosamente, e só se negou a pagar a Cuba e aceptar a chantaxe deste goberno para poder volver ó seu país...

5 Antón

Manoliño, se me posicionara en favor dos asasiños, defenderia o franquismo mesmamente o actual do estado español torturador heredeiro de ese réxime. Comunista caviar: ese home saiu ilegalmente do seu pais pode voltar cando queira pero sen o dereito a sanidade e vivenda do resto dos cubanos.

6 Manolo2

Por lo que veo eres incapaz de distinguir el presente del pasado, la actualidad de la historia. Condenar regímenes pasados no sirve para nada. A fin de cuentas poco me importa saber si tu condenas todas las dictaduras comunistas que ha habido, cosa que seguro que no haces. La realidad es que HOY en Cuba no hay libertad, y lo que tu puedes hacer aquí - participar en un debate como este - allí no se podría hacer. Eso es todo. Otra cuestión: ¿Que tontería es eso de que por salir "ilegalmente" de su país no puede volver y disfrutar del derecho a la sanidad y la vivienda del resto de los cubanos?

7 Comunista de verdade

Pero ti es t*nto de remate, home... Coñécelo? Como podes xulgar así sen saber a súa historia? Sen vivir o que viviu? Como sabes que saíu ilegalmente? Por certo, nunca probei o caviar, IMB*CIL.

2 Xan de ningures

Tranquilo que xa che vai levar de comer Monseñor Barrio, o alcalde Conde Roa e Presidente Feijoo!!!

1 Manolo2

Yo creía que le iban a ayudar los del partido comunistra patriótico tan amantes de la libertad y comprometidos ellos con los marginados y perseguidos por los regímenes autoritarios

1 Manolo2

Interesante entrevista. Bien por traerla aquí. A ver si ahora los de la UPG opinan que este es un peligros espía yanqui pagado por la CIA.

1 Cuba Libre sin Castro

Que no que no queremos que nos apoyes, franquista.