“Quero vivir con dignidade”

Javier Fernández Castillo é un músico cubano que fai folga de fame estes días na praza do Obradoiro para denunciar "a ditadura dos Castro" e reclamar "a liberdade, a democracia e o cumprimento dos dereitos humanos" para o seu país. O consulado négalle a entrada en Cuba por solidarizarse con Orlando Zapata.

Por Jorge M.de la Calle | Santiago de Compostela | 03/03/2012 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Javier Fernández Castillo é un músico cubano de 37 anos, santiaguero e residente en Galicia. Hai xa dous anos iniciou unha folga de fame de 27 días fronte ó consulado cubano de Compostela en protesta pola morte de Orlando Zapata, para esixir “a liberdade dos presos políticos cubanos”, “o cumprimento dos dereitos humanos”, e “a liberdade e democracia con garantías para Cuba”. O consulado non só non o escoitou, senón que lle negou a entrada en Cuba, polo que non volverá ver os seus pais enfermos nin o resto da súa familia e compatriotas, de non levantarse este veto. Por iso, Javier está dende o mércores de novo en folga de fame, apostado no Obradoiro e reivindicando “os dereitos humanos para a ditadura dos Castro”, e seguirá porque quere "vivir con dignidade".

None

 

Por que estás aquí?

Estou aquí en representación de tódalas persoas en Cuba que non teñen voz, para que se cumpran dunha vez os dereitos humanos en Cuba. Existen humanos sen dereitos, e iso é imposible. Os dereitos humanos están para cumprilos, non son unha carta de recompilación de boas intencións, creo que cada ser humano ten que velar para que se cumpran. Non creo que teña que ser ningún goberno quen teña que facer todo o esforzo. É requisito individual que se cumpran, e eu estou aquí para que se cumpran.

Como te afecta a ti particularmente esta supresión de dereitos en Cuba?

None

Pola folga que fixen no consulado négaseme rotundamente a entrada no meu país. O cónsul di que son unha persoa “non grata”, e di que esa orde lle chegou do goberno de Cuba.

Non che deixan ver a túa familia?

Non, non me deixan ver a miña familia; agora mesmo a miña nai e o meu pai están enfermos e eu non podo ir a Cuba.

Familia

Alegando que os teus pais están enfermos, non podes ir velos?

Non. Dinme que tódolos trámites os faga por correo, que eu non podo pisar máis alí. A miña avogada foi maltratada, teño gravacións. Tratóuselle dunha forma despectiva, “Que fas ti aquí?”, “Isto pertence a Cuba e non tes que facer nada aquí, isto é de cubanos”. Eu creo que un cónsul está en representación do pobo, non dun goberno totalitario. Teste que sentir identificado en calquera país co teu consulado, e o consulado identificado contigo e resolverte os teus problemas. Non poden ser simpatizantes dun réxime sendo culpabeis, porque saben o que está pasando, e enriquécense de tódolos cubanos que están aquí. Porque a suma de grandes divisas que ten que pagar un cubano para ir a Cuba, para que lle poñan un cuño, que llelo pregunten aí, que teñen tarifas, sobre como se debe tratar a cada cubano que vaia por aí.

Hai que pagar para entrar en Cuba?

Hai que pagar por renovar o pasaporte. Pero unha renovación de pasaporte pode costarche sesenta euros, segundo o “status”, como me dixeron eles.

Status?!!!

Status”. Nunha sociedade que disque suponse que é socialista, e comunista, hai “status”. Así mo dixeron a min, na miña cara e diante da avogada.

"Cubano renegado"

 Non será polo nivel económico, non? Senón pola condición de cubano, moi cubano, “cubano renegado”...

Aí. “Cubano renegado”, “cubano que fai favores”, “cubano que se deixa cravar”... Sabe deus o que teñen montado. Iso non se pode permitir. Por que os cubanos permiten iso? Porque teñen medo. O amor que teñen á súa familia é tan grande que se esquecen do odio, do rancor, pasan totalmente e se teñen que pagar grandes sumas de diñeiro as dan, por ver a súa familia. Pero coido que se queremos cambiar algo, cadaquén ten que achegar un pouquiño. E non é que sexamos arrogantes, senón que cada persoa ten que loitar polos seus dereitos, e non unha soa, nin Orlando, nin as Damas de Branco, nin Wilman, nin sete persoas que están “dando o callo” en Cuba para que a cosa cambie. É moi bonito dicir: “Si si, iso está ben, pero que o faga outro”. Pero ti, cubano, que fas? Nada. Deixarlle o “marrón” ós demais. E non só iso: critica. Até iso chegamos. Critícase a quen quere defender os dereitos humanos en Cuba, se lle maltrata, se lle persegue, se lle recortan máis os seus dereitos, non se lle deixa entrar, se lle priva do seu traballo... Vostedes saben todo o que pasa alí.

Bueno, non hai moita información...

Si hai información en Internet, e todo aquel que queira infórmase. Non hai xustificación para que agora me digan a min que nun país coma este non hai información, quen non se informa é porque non quere. Porque todo o mundo ten acceso a Internet, a preocuparse...

"Non hai Internet"

A ver, si, eu preocúpome, pero hai unha sorte de aureola mítica de que Cuba é a patria do socialismo e da Revolución que vela toda crítica. Mesmo alí os medios son todos oficiais, non si? Non hai liberdade de expresión, é verdade que non podes conectarte a Internet?

Exactamente, hai unha máscara... e non hai Internet, hai agora mesmo Intranet para algúns blogueiros: se a información non é ben considerada polo goberno, non a sacan. Hai un certo temor a dicir a verdade, e a verdade dise en quente, non se mete nun microondas, entendes? (risos) É unha información requentada. E esa é a miña vivencia persoal, non cha contaría se non o tivese vivido.

Baixo esa mancha hai algo máis, oculto. Imos ter que aplicar o mesmo xabón diplomático que aplican eles. Porque a moita xente que vai a Cuba a facer negocio, se lle aplica o xabón ese, lávase as mans, e con ese xabón eu veño aquí e fago o meu negocio, con este tipo que está maltratando a súa poboación, e a min non me interesa! Porque os contratos, para eles, están por enriba de tódolos dereitos humanos e de tódolos cubanos. Interésanlle os contratos, e sacar os presos de Cuba para que non lle busquen problemas, para que non se lles forme unha revolución porque teñen negocios alí, capital invertido. Esa é a realidade de Cuba, e de moita xente galega que ten posesións en Cuba e espera que non cambie a cousa porque sabe que, tal e como está a situación, pódense retirar a Cuba, e entón pasan por enriba da dignidade do cubano. E eu non estou disposto a pasarlles nin unha máis.

Orlando Zapata

Antes da folga por Orlando Zapata, tiñas máis problemas co consulado cubano?

Si, deixáronme nove anos sen ir a Cuba porque me neguei a pagar unha cláusula que me dixeron que tiña co consulado, e se non a pagaba non podía volver.

Estando fóra tes que seguir pagándolles... para poder volver?

Estando fóra, si si... Coma se fose unha “degenerá”, como para non dicirche outra cousa mal dita (risos). É así. E ti, se pagas un imposto, é para que se fagan estradas, hospitais... para que se vexa un beneficio. En Cuba ti que beneficio ves? Non, embólsano, fan máis hoteis...

Cres que hai xente que se enriquece?

Si, enriquécese. Moito diñeiro, e agora coa visita do Vaticano vaise ver.

Cantos anos levas aquí?

Levo 18 anos en España, a maioría en Galiza. Teño feito moitas cousas, mais son músico. Reivindiquei os meus dereitos non soamente por min, senón pola miña xente. Hai unha demanda en min que me prohíbe quedar calado.

 A xente que pasa por esta praza solidarízase contigo?

Hai moitos que me apoian. A xente para a mirar, achégase e charla tamén.

Tamén houbo xente, sobre todo rapaces con certa ideoloxía pro-castrista, que se riu de ti, non si?

Non hai que darlle máis importancia a iso, porque son nenos. O que máis me incomodou non foi que atacaran a miña persoa, porque non estou reclamando nada meu, estou reclamando os dereitos humanos, que son dereitos universais. É unha ofensa ó pobo de Cuba. Eles están adoctrinados, e rinse do pobo de Cuba, pero non de min. Primeiro me deron uns panfletos...

 A ti que sabes máis ca eles o que é vivir alí...

Exactamente, eu teño unha vivencia, que non se pode comparar ás historias. As historias son historias, pero coidado coas vivencias, que son algo máis que historias.

Ideoloxía

Pódoche preguntar que ideoloxía tes? Tes algunha?

Eu! A dos dereitos humanos. Esa é a miña ideoloxía. Eu non creo nin no comunismo, nin no socialismo, nin no capitalismo... Ninguén me afilia, eu non estou afiliado a ningún partido americano deses... Eu son un cidadán de a pé, cunha conciencia. Non son pro-ianqui, nin, teño nada que ver con iso. A min me move a miña conciencia, non me move ningún interés, como a ti, entendes, que non vas recibir ningún diñeiro pero te move o interés de sacar a luz o que me está pasando, e agradézocho.

Estarías a gusto en calquera sistema, entón, sempre que respectara os dereitos fundamentais.

Que respecte os dereitos humanos, que son moi fundamentais.

Vas rematar hoxe?

Non, como me vou ir? Seguirei até que poida, e dáme igual que Castro non me vaia facer caso, isto non é un problema con Castro, é un problema comigo, que quero vivir con dignidade. Esta vida non me sabe. A vida é como un chicle, e chega un momento no que perde sabor.


Galería fotográfica aquí 

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 206 comentarios

20 Xoelho

Imos ver. É evidente que hai interese en manipular todo o que poida ocorrer en países como Cuba, terxiversar cousas, manipular, mentir a conveniencia, etc., porque do que sempre se trata é de desprestixiar a idea de socialismo. O capitalismo deféndese así, loita polos seus intereses sen escrúpulos. Agora ben, ¿hay realmente socialismo en Cuba? ¿Houbo socialismo algun_a vez nalgún país do mundo ata o presente? A minha resposta é NON.

1 Xoelho

Por iso precisamente foi posible a caída da URSS e de tódolos réximes da Europa do Leste, porque non había socialismo e si un sucedáneo, un simulacro ou un_a parodia de socialismo. As preguntas clave son as seguintes: ¿pode a prensa, poden os cidadáns criticar publicamente o seu goberno?, ¿hai grandes diferencias de nivel de vida entre dirixentes e a maior parte do pobo ou non? Para que haxa socialismo a clase trabalhadora ten que ter o poder nas súas mans, e se a xente, a xeneralidade da xente, un_a vez derrocada a burguesía, non pode dicir o que quere en público, a prensa non pode falar mal do goberno ou do máximo líder e se, a fin de contas, o resultado dese suposto "socialismo" ou "comunismo" non é de igualdade social, escasas diferencias económicas, entón aí hay clases dominantes e clases dominadas, o cal é absolutamente incompatible co socialismo.

2 Xoelho

Haberá socialismo cando haxa condicións para que realmente o proletariado e non un partido tome o poder e poida execercelo de maneira efectiva. Iso require un desenvolvemento do capitalismo que o faga posible. En revolucións como a rusa, onde o proletariado e a gran maioría dos campesinhos eran analfabetos, falar de "dictadura do proletariado", "poder obreiro" ou "socialismo" é pura ciencia ficción. Se houbese habido verdadeiro socialismo na URSS, sería irreversible, igual que é irreversible o capitalismo no mundo e non se pode volver ao feudalismo en ningún país capitalista. E iso é o que hai. Moito me temo que o futuro de Cuba sexa dentro de pouco o mesmo que pasou na Europa do Leste e na URSS.

3 ...

Ben falado

19 María do Mar Lopes González

Por todo isto, estarei ao carón de Javier, porque é un ser humano, como eu e coma ti. Sinto vergoña allea de ler moitos dos comentarios que aquí se verteron. Sinceramente, quen pensa así, só me parece unha máquina, un robot que segue pautas e ordes preestablecidas e que non ten pensamento propio se non é aquel manexado por unha ideoloxía determinada.

1 ...

Re-Ben falado!

18 María do Mar Lopes González

Todo o meu apoio a Javier Fernández Castillo. El, independentemente da súa ideoloxía, que tanto me ten sexa cal sexa, é unha persoa, un ser humano e como tal, ninguén merece ser vetado da súa terra, for cal for! Sei que o tema de Cuba é un tema moi polémico, mais eu nunca estarei ao lado de ningunha ditadura, tanto me ten que sexa de dereitas ou de esquerdas, xamais defenderei unha ditadura aínda que comezase como unha revolución necesaria e totalmente lexítima para mudar o rumbo nefasto dun país. Nunca estarei ao lado de revolucións que se acaban apoltronado no poder durante décadas e décadas. E, ao igual que estou en contra de calquera ditadura, tamén detesto profundamente as democracias impostas/satélites dos USA. Nunca defenderei nada disto.

1 ...

Ben falado!

2 Com Cuba

Eu estou com Cuba, e se vem aceito que pode haver erros, so tenho que pendar nos paises da regiom para manter esta ideia: Colombia e o terrorismo de Estado, a crise de Haiti fai bem pouco... Porem, evidentemente que miro este caso dende a humanidade que comentas. Em primeiro lugar, estou seguro que atuando desra forma Javier vai em contra do que di ser o seu interese de voltar a Cuba. Num conflito e cum bloqueio economico, deveria de ter presentado mais recursos no consulado antes de faer isto. E em segundo lugar, se fai parte dos grupos anticastristas que tenhem webs onde se apoiam a terroristas que atentarom em repetidas ocasions contra a cidadania cubana ou que apoiam o bloqueio... pois que queredes que vos diga...

3 E dálle!

Que non é ningún espía, nin "mercenario" de EEUU nin de Conde Roa... por favor, deixa de estar diante do ordenador, vai á praza, senta con el e interesádevos un pouco en coñecelo, e non prexulgar!!!!!!!!

17 Lector crítico

Marat/Antón/Comunista, véseche o plumeiro... anti-15M e todo movemento contestario que non se deixe capitalizar e dirixir polos partidos comunistas. A ti chínchate que o 15M consiga logros que non conseguistes vós en 40 anos, verdade? O primeiro éxito de Stop Desahucios en Compostela, só despois dun mes!!! http://galiciaconfidencial.com/nova... E de paso, "linchas" verbalmente a quen se lle ocorre criticar a Castro polo feito tan evidente e comprensible de que non lle deixa volver ao seu país. Toda crítica ao suposto comunismo é perseguible. Pensamento crítico e autocrítico 0.

16 Pablo

O meu apoio a esta persoa que loita por cousas de verdade importantes, as persoas, e por moito que teñamos unha ou outra ideloxoía, por riba de todo están os seres humanos e a dignidade. Así que querido Javier, ¡Ten moita sorte na túa loita!