“Quero vivir con dignidade”

Javier Fernández Castillo é un músico cubano que fai folga de fame estes días na praza do Obradoiro para denunciar "a ditadura dos Castro" e reclamar "a liberdade, a democracia e o cumprimento dos dereitos humanos" para o seu país. O consulado négalle a entrada en Cuba por solidarizarse con Orlando Zapata.

Por Jorge M.de la Calle | Santiago de Compostela | 03/03/2012 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Javier Fernández Castillo é un músico cubano de 37 anos, santiaguero e residente en Galicia. Hai xa dous anos iniciou unha folga de fame de 27 días fronte ó consulado cubano de Compostela en protesta pola morte de Orlando Zapata, para esixir “a liberdade dos presos políticos cubanos”, “o cumprimento dos dereitos humanos”, e “a liberdade e democracia con garantías para Cuba”. O consulado non só non o escoitou, senón que lle negou a entrada en Cuba, polo que non volverá ver os seus pais enfermos nin o resto da súa familia e compatriotas, de non levantarse este veto. Por iso, Javier está dende o mércores de novo en folga de fame, apostado no Obradoiro e reivindicando “os dereitos humanos para a ditadura dos Castro”, e seguirá porque quere "vivir con dignidade".

None

 

Por que estás aquí?

Estou aquí en representación de tódalas persoas en Cuba que non teñen voz, para que se cumpran dunha vez os dereitos humanos en Cuba. Existen humanos sen dereitos, e iso é imposible. Os dereitos humanos están para cumprilos, non son unha carta de recompilación de boas intencións, creo que cada ser humano ten que velar para que se cumpran. Non creo que teña que ser ningún goberno quen teña que facer todo o esforzo. É requisito individual que se cumpran, e eu estou aquí para que se cumpran.

Como te afecta a ti particularmente esta supresión de dereitos en Cuba?

None

Pola folga que fixen no consulado négaseme rotundamente a entrada no meu país. O cónsul di que son unha persoa “non grata”, e di que esa orde lle chegou do goberno de Cuba.

Non che deixan ver a túa familia?

Non, non me deixan ver a miña familia; agora mesmo a miña nai e o meu pai están enfermos e eu non podo ir a Cuba.

Familia

Alegando que os teus pais están enfermos, non podes ir velos?

Non. Dinme que tódolos trámites os faga por correo, que eu non podo pisar máis alí. A miña avogada foi maltratada, teño gravacións. Tratóuselle dunha forma despectiva, “Que fas ti aquí?”, “Isto pertence a Cuba e non tes que facer nada aquí, isto é de cubanos”. Eu creo que un cónsul está en representación do pobo, non dun goberno totalitario. Teste que sentir identificado en calquera país co teu consulado, e o consulado identificado contigo e resolverte os teus problemas. Non poden ser simpatizantes dun réxime sendo culpabeis, porque saben o que está pasando, e enriquécense de tódolos cubanos que están aquí. Porque a suma de grandes divisas que ten que pagar un cubano para ir a Cuba, para que lle poñan un cuño, que llelo pregunten aí, que teñen tarifas, sobre como se debe tratar a cada cubano que vaia por aí.

Hai que pagar para entrar en Cuba?

Hai que pagar por renovar o pasaporte. Pero unha renovación de pasaporte pode costarche sesenta euros, segundo o “status”, como me dixeron eles.

Status?!!!

Status”. Nunha sociedade que disque suponse que é socialista, e comunista, hai “status”. Así mo dixeron a min, na miña cara e diante da avogada.

"Cubano renegado"

 Non será polo nivel económico, non? Senón pola condición de cubano, moi cubano, “cubano renegado”...

Aí. “Cubano renegado”, “cubano que fai favores”, “cubano que se deixa cravar”... Sabe deus o que teñen montado. Iso non se pode permitir. Por que os cubanos permiten iso? Porque teñen medo. O amor que teñen á súa familia é tan grande que se esquecen do odio, do rancor, pasan totalmente e se teñen que pagar grandes sumas de diñeiro as dan, por ver a súa familia. Pero coido que se queremos cambiar algo, cadaquén ten que achegar un pouquiño. E non é que sexamos arrogantes, senón que cada persoa ten que loitar polos seus dereitos, e non unha soa, nin Orlando, nin as Damas de Branco, nin Wilman, nin sete persoas que están “dando o callo” en Cuba para que a cosa cambie. É moi bonito dicir: “Si si, iso está ben, pero que o faga outro”. Pero ti, cubano, que fas? Nada. Deixarlle o “marrón” ós demais. E non só iso: critica. Até iso chegamos. Critícase a quen quere defender os dereitos humanos en Cuba, se lle maltrata, se lle persegue, se lle recortan máis os seus dereitos, non se lle deixa entrar, se lle priva do seu traballo... Vostedes saben todo o que pasa alí.

Bueno, non hai moita información...

Si hai información en Internet, e todo aquel que queira infórmase. Non hai xustificación para que agora me digan a min que nun país coma este non hai información, quen non se informa é porque non quere. Porque todo o mundo ten acceso a Internet, a preocuparse...

"Non hai Internet"

A ver, si, eu preocúpome, pero hai unha sorte de aureola mítica de que Cuba é a patria do socialismo e da Revolución que vela toda crítica. Mesmo alí os medios son todos oficiais, non si? Non hai liberdade de expresión, é verdade que non podes conectarte a Internet?

Exactamente, hai unha máscara... e non hai Internet, hai agora mesmo Intranet para algúns blogueiros: se a información non é ben considerada polo goberno, non a sacan. Hai un certo temor a dicir a verdade, e a verdade dise en quente, non se mete nun microondas, entendes? (risos) É unha información requentada. E esa é a miña vivencia persoal, non cha contaría se non o tivese vivido.

Baixo esa mancha hai algo máis, oculto. Imos ter que aplicar o mesmo xabón diplomático que aplican eles. Porque a moita xente que vai a Cuba a facer negocio, se lle aplica o xabón ese, lávase as mans, e con ese xabón eu veño aquí e fago o meu negocio, con este tipo que está maltratando a súa poboación, e a min non me interesa! Porque os contratos, para eles, están por enriba de tódolos dereitos humanos e de tódolos cubanos. Interésanlle os contratos, e sacar os presos de Cuba para que non lle busquen problemas, para que non se lles forme unha revolución porque teñen negocios alí, capital invertido. Esa é a realidade de Cuba, e de moita xente galega que ten posesións en Cuba e espera que non cambie a cousa porque sabe que, tal e como está a situación, pódense retirar a Cuba, e entón pasan por enriba da dignidade do cubano. E eu non estou disposto a pasarlles nin unha máis.

Orlando Zapata

Antes da folga por Orlando Zapata, tiñas máis problemas co consulado cubano?

Si, deixáronme nove anos sen ir a Cuba porque me neguei a pagar unha cláusula que me dixeron que tiña co consulado, e se non a pagaba non podía volver.

Estando fóra tes que seguir pagándolles... para poder volver?

Estando fóra, si si... Coma se fose unha “degenerá”, como para non dicirche outra cousa mal dita (risos). É así. E ti, se pagas un imposto, é para que se fagan estradas, hospitais... para que se vexa un beneficio. En Cuba ti que beneficio ves? Non, embólsano, fan máis hoteis...

Cres que hai xente que se enriquece?

Si, enriquécese. Moito diñeiro, e agora coa visita do Vaticano vaise ver.

Cantos anos levas aquí?

Levo 18 anos en España, a maioría en Galiza. Teño feito moitas cousas, mais son músico. Reivindiquei os meus dereitos non soamente por min, senón pola miña xente. Hai unha demanda en min que me prohíbe quedar calado.

 A xente que pasa por esta praza solidarízase contigo?

Hai moitos que me apoian. A xente para a mirar, achégase e charla tamén.

Tamén houbo xente, sobre todo rapaces con certa ideoloxía pro-castrista, que se riu de ti, non si?

Non hai que darlle máis importancia a iso, porque son nenos. O que máis me incomodou non foi que atacaran a miña persoa, porque non estou reclamando nada meu, estou reclamando os dereitos humanos, que son dereitos universais. É unha ofensa ó pobo de Cuba. Eles están adoctrinados, e rinse do pobo de Cuba, pero non de min. Primeiro me deron uns panfletos...

 A ti que sabes máis ca eles o que é vivir alí...

Exactamente, eu teño unha vivencia, que non se pode comparar ás historias. As historias son historias, pero coidado coas vivencias, que son algo máis que historias.

Ideoloxía

Pódoche preguntar que ideoloxía tes? Tes algunha?

Eu! A dos dereitos humanos. Esa é a miña ideoloxía. Eu non creo nin no comunismo, nin no socialismo, nin no capitalismo... Ninguén me afilia, eu non estou afiliado a ningún partido americano deses... Eu son un cidadán de a pé, cunha conciencia. Non son pro-ianqui, nin, teño nada que ver con iso. A min me move a miña conciencia, non me move ningún interés, como a ti, entendes, que non vas recibir ningún diñeiro pero te move o interés de sacar a luz o que me está pasando, e agradézocho.

Estarías a gusto en calquera sistema, entón, sempre que respectara os dereitos fundamentais.

Que respecte os dereitos humanos, que son moi fundamentais.

Vas rematar hoxe?

Non, como me vou ir? Seguirei até que poida, e dáme igual que Castro non me vaia facer caso, isto non é un problema con Castro, é un problema comigo, que quero vivir con dignidade. Esta vida non me sabe. A vida é como un chicle, e chega un momento no que perde sabor.


Galería fotográfica aquí 

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 206 comentarios

25 Antón

O que a xente non contaminada polos medios de desinformación maxiva lles queda de todo este tinglado, é que sin ser Cuba un paradigma das libertades tampouco é nin con diferencia dos que menos a respeta. De feito calquer país capitalista as violan mais que en Cuba, nembergantes por qué ese ataque tan despiadado a Cuba (demostrado en fondos de presupuesto USA co eufemismo de propagación da democracia) sinxelamente porque Cuba representa a alternativa ao capitalismo decadente e a sua fase final imperialista.

1 ...

Que si, Antón, que xa sabemos que o comunismo de Castro é moi bo, é como a avoíña de Caparuchiña, que os Reis existen e os nenos veñen de París, pero non nolo repitas tres veces. Ou queres matarnos de aburrimento!!! Isto non o soporta nin o gran Javier.

2 Lector crítico

para que te INFORMES (vai ti ó consulado a preguntar): http://webcache.googleusercontent.c...+embajada+cuba+espa%C3%B1a+renovar+pasaporte&cd=9&hl=gl&ct=clnk&gl=es

3 Antón

A ver falabarata critica: canto llr custa ao goberno revolucionario acadar`prestamos ou obter mercadurias para darlle a seus cibdadans vivenda , sanidade e alimentación? A que prezos consigue Cuba finanzamento habida conta o bloqueo imperialista condeado varias veces por todolos países da ONU agás USA e Israel.

24 Antón

O que a xente non contaminada polos medios de desinformación maxiva lles queda de todo este tinglado, é que sin ser Cuba un paradigma das libertades tampouco é nin con diferencia dos que menos a respeta. De feito calquer país capitalista as violan mais que en Cuba, nembergantes por qué ese ataque tan despiadado a Cuba (demostrado en fondos de presupuesto USA co eufemismo de propagación da democracia) sinxelamente porque Cuba representa a alternativa ao capitalismo decadente e a sua fase final imperialista.

1 ...

dous...

23 Antón

O que a xente non contaminada polos medios de desinformación maxiva lles queda de todo este tinglado, é que sin ser Cuba un paradigma das libertades tampouco é nin con diferencia dos que menos a respeta. De feito calquer país capitalista as violan mais que en Cuba, nembergantes por qué ese ataque tan despiadado a Cuba (demostrado en fondos de presupuesto USA co eufemismo de propagación da democracia) sinxelamente porque Cuba representa a alternativa ao capitalismo decadente e a sua fase final imperialista.

1 ...

un...

22 Fistrotrópico

Eu não sou comunista. Mas também não comungo com duplas morais e campanhas propagandistas. Suponhamos, por exemplo, que eu vou renovar o passaporte à embaixada espanhola em Bogotá. Dizem-me "Son 50 €", eu nego-me a pagar e eles negam-se a entregar-me o passaporte. Como vou sair de Colômbia com o passaporte caducado? Não posso. Vou fazer uma greve de fome à Plaza de Bolívar porque a Espanha não respeita os direitos humanos e tal e qual. Envio cartas aos jornais. Antes de publicar a minha versão dos feitos, os media irão verificar com a embaixada espanhola e publicarão o seu desmentido no cabeçalho da nova antes de falar do meu protesto.

1 Fistrotrópico

Com Cuba passa-se o contrário. Qualquer um pode dizer qualquer barbaridade é tem imediatamente a atenção dos media, que nunca se molestam em ir contrastar a informação com organismos oficiais. Para que, se partimos da base de que mentem sempre? Para além disso, muito países, nomeadamente os EUA, outorgam um tratamento privilegiado a qualquer um que faça campanha contra o governo cubano. Isto dá lugar a que inúmeros oportunistas aproveitem para demandar um status de exilado e não ser tratados como simples imigrantes. Mas sabem que o prezo a pagar para isso é inventar quaisquer histórias para que pareça que foram ou que estão a ser vítimas duma persecução política despiedada.

2 Fistrotrópico

Eu estive em Cuba um mês e fui testemunha desse falso vitimismo em inúmeras ocasiões. Contam-che verdadeiras histórias para não dormir (de fome, miséria e persecução política). Isso sim, a berros em plena praça principal... Fora desses moinantes, em Cuba observa-se uma maturidade política e intelectual a anos luz da Espanha. Quase todo o mundo analisa a realidade política de forma enormemente objetiva. Todo o mundo tem uma visão crítica. Todos ponderam os prós e os contras da situação e depois chegam a uma conclusão razoada. Nada a ver com o hooliganismo político que observamos na Espanha, onde ser do PP ou do PSOE é uma cousa tão irracional como ser do Madrid ou do Barça.

3 Fistrotrópico

A gente fala com grande liberdade. Os mais idosos, os que sabiam como era antes, em geral, acham que é melhor deixar as cousas como estão, com as suas eivas e tudo. São conservadores, como aqui. Entre os novos há quem pensa que com algumas reformas mais ou menos profundas seria suficiente e há quem acredita que o modelo socialista fracassou é que é melhor um sistema tipo europeu ou diretamente norte-americano. Mas fala-se do tema com grande serenidade, nada a ver com esse ódio político tão comum na Espanha e em Miami.

4 Fistrotrópico

Eu particularmente não tenho uma opinião definida sobre o tema. Nem falta que faz. O povo cubano é o suficientemente consciente, culto, inteligente e maduro para decidir o seu destino. Se os deixamos. Porque o problema Cubano não é tanto uma dicotomia socialismo contra capitalismo quanto uma dicotomia entre soberania nacional e imperialismo. Eu tenho as minhas dúvidas de se Fidel Castro é ou foi alguma vez comunista. Ele sempre disse que não. Até que os EUA o forçaram a se alinhar com a União Soviética. Acho que ai teve que fazer como quem que tal. Penso que ele era um simples patriota (um idiota, que dirão alguns). Depois, bom virou o que virou...

5 Lector crítico

Fistrotrópico, infórmate ti un pouquiño e mira a realidade de frente. Aquí atopas unha comparativa de taxas de renovación de pasaportes, as máis altas son as de Cuba, porque, ao coste xa de por si dos máis elevados do mundo, únese a menor duración (6 anos) e que hai que renovalo cada dous e cada catro anos, por riba!!! Para un cubano residente en EEUU elevaríase ata os 670 dólares! Mentres que no Estado español costa só 20 euros, e dura dez anos, listiño.

6 Fistrotrópico

A mim parece-me lógico que os Cubanos residentes no estrangeiro paguem mais polos trâmites burocráticos. O poder aquisitivo na Europa e nos Estados Unidos é muito superior ao cubano e é normal que existam mecanismos de compensação. Assim, um artigo que para um cubano custa 1 peso cubano, para um turista custa 1 peso convertível, quer dizer, entre 24 e 25 vezes mais. Os cubanos que vão ganhar a vida fora contribuem desta maneira a ajudar os seus compatriotas. Se che parece injusto, ainda há mais "injustiças" deste tipo: no aeroporto da Havana pagas 50 pesos convertíveis (50 euros) de "imposto revolucionário" diretamente aos funcionários estatais.

7 Fistrotrópico

A mim não me doeu, porque é um país onde o 100% da população é escolarizada, tem um teito, algo que levar à boca, um trabalho e tem acesso a uma atenção sanitária de qualidade. Não é como na Europa onde os teus impostos vão diretamente para a banca ou como em qualquer outro país do Caribe onde a fenda social é brutal e há gente a morrer de fome.

21 BNGasasino

Seguimos vendo, q co paso dos anos, os asasinos comunistas seguen a ter apoio nalgúns sectores do nacionalismo galego. Iso si q é triste. Até q o cancro socialista lisque da nosa terra non podemos considerar aos nosos partidos serios.