“Quero vivir con dignidade”

Javier Fernández Castillo é un músico cubano que fai folga de fame estes días na praza do Obradoiro para denunciar "a ditadura dos Castro" e reclamar "a liberdade, a democracia e o cumprimento dos dereitos humanos" para o seu país. O consulado négalle a entrada en Cuba por solidarizarse con Orlando Zapata.

Por Jorge M.de la Calle | Santiago de Compostela | 03/03/2012 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Javier Fernández Castillo é un músico cubano de 37 anos, santiaguero e residente en Galicia. Hai xa dous anos iniciou unha folga de fame de 27 días fronte ó consulado cubano de Compostela en protesta pola morte de Orlando Zapata, para esixir “a liberdade dos presos políticos cubanos”, “o cumprimento dos dereitos humanos”, e “a liberdade e democracia con garantías para Cuba”. O consulado non só non o escoitou, senón que lle negou a entrada en Cuba, polo que non volverá ver os seus pais enfermos nin o resto da súa familia e compatriotas, de non levantarse este veto. Por iso, Javier está dende o mércores de novo en folga de fame, apostado no Obradoiro e reivindicando “os dereitos humanos para a ditadura dos Castro”, e seguirá porque quere "vivir con dignidade".

None

 

Por que estás aquí?

Estou aquí en representación de tódalas persoas en Cuba que non teñen voz, para que se cumpran dunha vez os dereitos humanos en Cuba. Existen humanos sen dereitos, e iso é imposible. Os dereitos humanos están para cumprilos, non son unha carta de recompilación de boas intencións, creo que cada ser humano ten que velar para que se cumpran. Non creo que teña que ser ningún goberno quen teña que facer todo o esforzo. É requisito individual que se cumpran, e eu estou aquí para que se cumpran.

Como te afecta a ti particularmente esta supresión de dereitos en Cuba?

None

Pola folga que fixen no consulado négaseme rotundamente a entrada no meu país. O cónsul di que son unha persoa “non grata”, e di que esa orde lle chegou do goberno de Cuba.

Non che deixan ver a túa familia?

Non, non me deixan ver a miña familia; agora mesmo a miña nai e o meu pai están enfermos e eu non podo ir a Cuba.

Familia

Alegando que os teus pais están enfermos, non podes ir velos?

Non. Dinme que tódolos trámites os faga por correo, que eu non podo pisar máis alí. A miña avogada foi maltratada, teño gravacións. Tratóuselle dunha forma despectiva, “Que fas ti aquí?”, “Isto pertence a Cuba e non tes que facer nada aquí, isto é de cubanos”. Eu creo que un cónsul está en representación do pobo, non dun goberno totalitario. Teste que sentir identificado en calquera país co teu consulado, e o consulado identificado contigo e resolverte os teus problemas. Non poden ser simpatizantes dun réxime sendo culpabeis, porque saben o que está pasando, e enriquécense de tódolos cubanos que están aquí. Porque a suma de grandes divisas que ten que pagar un cubano para ir a Cuba, para que lle poñan un cuño, que llelo pregunten aí, que teñen tarifas, sobre como se debe tratar a cada cubano que vaia por aí.

Hai que pagar para entrar en Cuba?

Hai que pagar por renovar o pasaporte. Pero unha renovación de pasaporte pode costarche sesenta euros, segundo o “status”, como me dixeron eles.

Status?!!!

Status”. Nunha sociedade que disque suponse que é socialista, e comunista, hai “status”. Así mo dixeron a min, na miña cara e diante da avogada.

"Cubano renegado"

 Non será polo nivel económico, non? Senón pola condición de cubano, moi cubano, “cubano renegado”...

Aí. “Cubano renegado”, “cubano que fai favores”, “cubano que se deixa cravar”... Sabe deus o que teñen montado. Iso non se pode permitir. Por que os cubanos permiten iso? Porque teñen medo. O amor que teñen á súa familia é tan grande que se esquecen do odio, do rancor, pasan totalmente e se teñen que pagar grandes sumas de diñeiro as dan, por ver a súa familia. Pero coido que se queremos cambiar algo, cadaquén ten que achegar un pouquiño. E non é que sexamos arrogantes, senón que cada persoa ten que loitar polos seus dereitos, e non unha soa, nin Orlando, nin as Damas de Branco, nin Wilman, nin sete persoas que están “dando o callo” en Cuba para que a cosa cambie. É moi bonito dicir: “Si si, iso está ben, pero que o faga outro”. Pero ti, cubano, que fas? Nada. Deixarlle o “marrón” ós demais. E non só iso: critica. Até iso chegamos. Critícase a quen quere defender os dereitos humanos en Cuba, se lle maltrata, se lle persegue, se lle recortan máis os seus dereitos, non se lle deixa entrar, se lle priva do seu traballo... Vostedes saben todo o que pasa alí.

Bueno, non hai moita información...

Si hai información en Internet, e todo aquel que queira infórmase. Non hai xustificación para que agora me digan a min que nun país coma este non hai información, quen non se informa é porque non quere. Porque todo o mundo ten acceso a Internet, a preocuparse...

"Non hai Internet"

A ver, si, eu preocúpome, pero hai unha sorte de aureola mítica de que Cuba é a patria do socialismo e da Revolución que vela toda crítica. Mesmo alí os medios son todos oficiais, non si? Non hai liberdade de expresión, é verdade que non podes conectarte a Internet?

Exactamente, hai unha máscara... e non hai Internet, hai agora mesmo Intranet para algúns blogueiros: se a información non é ben considerada polo goberno, non a sacan. Hai un certo temor a dicir a verdade, e a verdade dise en quente, non se mete nun microondas, entendes? (risos) É unha información requentada. E esa é a miña vivencia persoal, non cha contaría se non o tivese vivido.

Baixo esa mancha hai algo máis, oculto. Imos ter que aplicar o mesmo xabón diplomático que aplican eles. Porque a moita xente que vai a Cuba a facer negocio, se lle aplica o xabón ese, lávase as mans, e con ese xabón eu veño aquí e fago o meu negocio, con este tipo que está maltratando a súa poboación, e a min non me interesa! Porque os contratos, para eles, están por enriba de tódolos dereitos humanos e de tódolos cubanos. Interésanlle os contratos, e sacar os presos de Cuba para que non lle busquen problemas, para que non se lles forme unha revolución porque teñen negocios alí, capital invertido. Esa é a realidade de Cuba, e de moita xente galega que ten posesións en Cuba e espera que non cambie a cousa porque sabe que, tal e como está a situación, pódense retirar a Cuba, e entón pasan por enriba da dignidade do cubano. E eu non estou disposto a pasarlles nin unha máis.

Orlando Zapata

Antes da folga por Orlando Zapata, tiñas máis problemas co consulado cubano?

Si, deixáronme nove anos sen ir a Cuba porque me neguei a pagar unha cláusula que me dixeron que tiña co consulado, e se non a pagaba non podía volver.

Estando fóra tes que seguir pagándolles... para poder volver?

Estando fóra, si si... Coma se fose unha “degenerá”, como para non dicirche outra cousa mal dita (risos). É así. E ti, se pagas un imposto, é para que se fagan estradas, hospitais... para que se vexa un beneficio. En Cuba ti que beneficio ves? Non, embólsano, fan máis hoteis...

Cres que hai xente que se enriquece?

Si, enriquécese. Moito diñeiro, e agora coa visita do Vaticano vaise ver.

Cantos anos levas aquí?

Levo 18 anos en España, a maioría en Galiza. Teño feito moitas cousas, mais son músico. Reivindiquei os meus dereitos non soamente por min, senón pola miña xente. Hai unha demanda en min que me prohíbe quedar calado.

 A xente que pasa por esta praza solidarízase contigo?

Hai moitos que me apoian. A xente para a mirar, achégase e charla tamén.

Tamén houbo xente, sobre todo rapaces con certa ideoloxía pro-castrista, que se riu de ti, non si?

Non hai que darlle máis importancia a iso, porque son nenos. O que máis me incomodou non foi que atacaran a miña persoa, porque non estou reclamando nada meu, estou reclamando os dereitos humanos, que son dereitos universais. É unha ofensa ó pobo de Cuba. Eles están adoctrinados, e rinse do pobo de Cuba, pero non de min. Primeiro me deron uns panfletos...

 A ti que sabes máis ca eles o que é vivir alí...

Exactamente, eu teño unha vivencia, que non se pode comparar ás historias. As historias son historias, pero coidado coas vivencias, que son algo máis que historias.

Ideoloxía

Pódoche preguntar que ideoloxía tes? Tes algunha?

Eu! A dos dereitos humanos. Esa é a miña ideoloxía. Eu non creo nin no comunismo, nin no socialismo, nin no capitalismo... Ninguén me afilia, eu non estou afiliado a ningún partido americano deses... Eu son un cidadán de a pé, cunha conciencia. Non son pro-ianqui, nin, teño nada que ver con iso. A min me move a miña conciencia, non me move ningún interés, como a ti, entendes, que non vas recibir ningún diñeiro pero te move o interés de sacar a luz o que me está pasando, e agradézocho.

Estarías a gusto en calquera sistema, entón, sempre que respectara os dereitos fundamentais.

Que respecte os dereitos humanos, que son moi fundamentais.

Vas rematar hoxe?

Non, como me vou ir? Seguirei até que poida, e dáme igual que Castro non me vaia facer caso, isto non é un problema con Castro, é un problema comigo, que quero vivir con dignidade. Esta vida non me sabe. A vida é como un chicle, e chega un momento no que perde sabor.


Galería fotográfica aquí 

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 206 comentarios

10 Fistrotrópico

O preso político Orlando Zapata não era aquele que lhe abriu a cabeça a um vizinho com um machete? Claro que se calhar foi por motivos políticos, como o resto do seu historial delitivo: "violación de domicilio" (1993), "lesiones menos graves" (2000), "estafa" (2000), "lesiones y tenencia de arma blanca" (2000: heridas y fractura lineal de cráneo al ciudadano Leonardo Simón, con el empleo de un machete), "alteración del orden" y "desórdenes públicos" (2002), entre otras causas en nada vinculadas a la política, fue liberado bajo fianza el 9 de marzo del 2003 y volvió a delinquir el 20 del propio mes.

1 Fistrotrópico

E não esquezamos solidarizar-nos com o preso político Wilmar Villar, também morto em folga de fome em 2012. Quem foi injustamente preso por bater na mulher de maneira violenta e sistemática. http://thescarletrevolutionary.word... O curioso é que semelha que ninguém se importa com os direitos humanos da mulher de Villar, Maritza Pelegrino...

2 Lector crítico

Independentemente de que o tal Orlando Zapata ou o Wilman non sexan "exemplares" (fáltame a información para rebatirte). Ti cres que é normal que os cubanos teñan que seguir pagando ao goberno do seu país mentres non usan do pasaporte, xenerándolles intereses e vetos estúpidos, e que non o deixen volver ó seu país?

3 Fistrotrópico

Eu também não tenho informação para rebater a informação aportada polo senhor Fernádez Castillo a respeito desses trâmites burocráticos. Eu nunca me neguei a pagar as tarifas nos consulados espanhóis (como 6 euros por compulsar uma fotocópia do DNI) e, por tanto, não sei o que se teria passado caso me tivesse negado. O que dá que pensar é que delinquentes comuns sejam apresentados como estando na cadeia por delitos de opinião. E que quando esses criminais botam um peido saltam às capas de todos os media do mundo. Porém, as dúzias de pessoas que morrem cada ano nas prisões espanholas, fazem-o no mais grande silêncio e discrição.

5 Lector crítico

Claro que hai crimes aquí! Pero denunciar unha situación non equivale apoiar a nosa. Os dereitos humanos son inviolabeis, indivisibeis e iguais para todos, sexa cal sexa a orientación política.

9 jos

A minha solidariedade com esta pessoa. Apoio que exista liberdade de consciência (também não a há nestes pagos) e de expressão para a gente de Cuba. Como Estado, o cubano não difere doutros, e não é mais do que outra estrutura hierárquica de submetimento da população, mais férrea do que muitos (menos do que o chinês, apesar de não haver chineses em greve de fome). Ps. A entrevista... de pena (nem entrevista é).

1 unha cousiña, por curiosidade

e por que non é entrevista, se se pode saber?

2 jos

Por que é uma charla de taberna por parte do entrevistador.

3 MoZ (o autor)

Non teño por costume comentar nos meus propios traballos,/jos, pero nótase que non liches moitas entrevistas, para aseverar iso. Dígoo de corazón. E por certo, nas tabernas (que non teño por costume tampouco frecuentar, mais cando teño uns poucos cartos, que tampouco teño por costume ter, síntome afortunado de poder estar), xurdiron algunhas das mellores conversas, novelas e obras de arte que deu a humanidade. Saudiños.

4 MoZ (o autor)

Por certo, "porque" tanto en portugués como en galego é todo xunto. Aprende a escribir, /jos, e logo poderás criticar a escrita ou parola dos demais.

5 Gustavo

Xa que te permites corrixir ao anterior comentarista, e lle dis aquelo de "aprende a escribir para despóis criticar" (comentario vingativo e de pouca categoría), aprende a escribir ti, que teóricamente fas deso a túa profesión, e non poñas o aberrante "Como aféctache a ti particularmente...". Igual despóis disto o corrixes, pero así está escrito.

6 MoZ (o autor)

Querido Gustavo (coido que sei quen es, ou podes ser, mais "querido"): non vou seguirlles máis o xogo aos trolls coma ti. Parece que o que máis importa cando un pasa días informándose sobre unha persoa, falando con el ao frío do Obradoiro, deixando a pel ante os comentarios da xente que o ataca e chama de todo, e despois pasa unha noite escoitando a gravación e transcribíndoa... parece que, despois de todo iso, o máis importante son os pronomes que empregue e como os coloque. Pois si, recoñézoo sen ningún problema: son humano e equivócome. E teño os típicos erros de "neofalante". Son fillo dunha madrileña e dun "vighés" emigrado a Madrid, polo que fíxate se vou ter eu elos familiares co galego.

7 MoZ (o autor)

Mais o que máis me preocupa é que, sen excusar os erros gramaticais que poida ter, despois de todo o esforzo e o tempo, e sobre todo despois da historia que contei, que contou Javier a través de min, a xentiña coma ti (por non calificalos doutro modo), se atreva a emitir xuízos sen fundamento como "entrevista de pena", "de taberna", sen argumentar nada, ou coma ti, só lle importen uns poucos erros gramaticais que dende logo son froito das présas e do cansazo, que non debes ter ti sentado comodamente na túa poltrona mentres placidamente me lías. Por certo, xa que te permites corrixirme (que eu agradecería se o fixeses dende o respecto), e tes a pouca categoría de poñer a parir dende o anonimato, e de sumarte ao insulto doutro anónimo ("entrevista de pena", sen argumentar, para min o é): escríbese "despois", "teoricamente", "diso" e "aquilo". O que me sinalas ti corrixireino, por min e polos lectores, non pola túa grosera chulería.

8 MoZ (o autor)

Por certo, non vou seguir contestando provocacións de trolls coma ti. Paso de "entrarvos ó trapo". Castelanismo? Pode ser, pero dáme igual.

9 jos

Jorge, peço-te desculpas pela expressão "de pena". Não é, é claro, literal. Simplesmente não me parece ajeitada porque (obrigado): 1- mistura cousas triviais com outras de calado. 2- destaca cousas triviais. 3- mostra, entre os signos de pontuação e os destaques em particular, a tua tomada de partido, a tua parcialidade. O que é contrário à causa ou interesses do entrevistado. Opino que a entrevista é um género que se baseia no conhecimento prévio do entrevistado e da temática e, em função desse conhecimento, lançam-se, escolhidas, 6-7 perguntas (não 20), para que fale o entrevistado. Ou 8-10 se queres depois crivar e deixar 6 (isto é pouco ético... :-D). Esta entrevista é mais uma conversa. Mas tudo é questão de opiniões, e tu deverias saber aceitar (ou no mínimo encaixar) a minha, por muito hiper-crítica (ou provocadora) que ela for. Não o disse pelos erros ortográficos, que os há (e não deveria).

8 Black Crow

Pobre hombre, seguro que allí hasta tenía que pagar los mojitos y todo ...

7 Serxio

Fanme gracia estos cubanitos do pepe, pois xa saben a laponia!

1 Xan

Que non é do PP, GILIPOLLAS.

2 Antón

E sabes ti senon está financiado polo PP e pola SINA? ghilipollón.

3 Xan

Si, e pola CIA e polo KGB, e por Conde Roa... Negar a realidade. (e a ti non te financiará Castro? Veña home!)

4 Manolo2

2. Otra perla comunista de Antón. Resulta que aquí el que acusa tiene que probar. Para él es al revés. Todo el que expone una situación injusta provocada por un régimen comunista es sospechoso de estar pagado por el PP, la CIA, etc, a no ser que pruebe lo contrario.

5 Manolo2

2. Otra perla comunista de Antón. Resulta que aquí el que acusa tiene que probar. Para él es al revés. Todo el que expone una situación injusta provocada por un régimen comunista es sospechoso de estar pagado por el PP, la CIA, etc, a no ser que pruebe lo contrario.

6 Manuel P.

Manolo2, León Gallego, Kike, ... = Trolls da UPG. Así que este home é un pro-PP e en Cuba non se vulneran os dereitos humanos. Esto recórdame unha viaxe a Cuba dun amigo meu próximo á UPG e cando voltou dalí resulta que estaba totalmente en contra do réxime. Hai que ser inorante, pastrán e mala persoa para defender un réxime que non permite a libertade de expresión nin política

7 DigoEu

Fe de erratas: "recórdame", non: LÉMBRAME.

6 Manolo2

Lo mejor de todo es la referencia a la ausencia de cualquier libertad de expresión en Cuba. Allí, que mandan los comunistas, solo tienen el Granma, e internet está vedado para la mayoría. Sin embargo aquí los afortunadamente escasos comunistas que quedan pueden publicar lo que les de la gana y opinar en todos los foros. ESA ES LA DIFERENCIA.

1 Marxista

Por unha vez douche a razón, Manolo. E que non sirva de precedente. Os totalitaristas de suposta esquerda fanme coincidir, por unha vez, nunha OPINIÓN ILLADA, cun totalitarista de dereita. Mirade o que conseguistes os pseudocomunistas.

2 Manolo2

Celebro la coincidencia, pero una corrección. No puede ser totalitario quien como yo cree en la libertad de expresión, en la libertad de creación de medios de comunicación de toda tendencia ideológica como este, y en el debate con todo aquel que respete mi integridad y la de los demás. Aquí se puede ser comunista, socialista, falangista, conservador, liberal, anarquista y lo que te de la gana. Siempre que se renuncie a la violencia para imponer ideas. En eso creo y eso defiendo siempre.

3 Marxista

Condenas la violencia franquista y el franquismo, Manoliño? Porque eu si rexeito a de Stalin e a de Castro.

4 Manolo2

Condeno cualquier tipo de excesos contra las personas que no hayan hecho mal a nadie, sea en tiempos de Franco o de Alfonso X El Sabio.

5 Comunista de verdade

Una dictadura totalitaria y fascista, acompañada de un genocidio como el que práctico Franco, no se puede calificar de simple "exceso", Manoliño.

6 Manolo2

¿Este debate es sobre Franco o sobre un perseguido por el régimen cubano?

7 Comunista de verdade

Sobre los dos, sobre todos los totalitarismos. Por qué aquí no te pronunciaste a favor de Luz? http://galiciaconfidencial.com/nova... Están relacionadas por algo.

8 George Orwell

Ambas son personas que luchan contra los totalitarismos.

9 Manolo2

Pues entonces te lo contestaré claramente. El régimen franquista fue fruto de una guerra civil que inició fundamentalmente la izquierda, cometiendo todo tipo de excesos y atrocidades como una persecución religiosa propia de Nerón. No se puede etiquetar como fascista, porque los elementos fascistizantes eran solo una pequeña parte de sus apoyos. Indudablemente fue un régimen autoritario que se fue suavizando a lo largo de los años, para convertirse a principios de los 70 en una dictablanda con un grado de libertad que para sí quisieran los cubanos. Por supuesto que hubo persecución por ideas políticas, lo cual condeno, pero recuerdo que gran parte de los perseguidos eran comunistas, que como vemos aquí, jamás han sido mayormente muy amantes de la libertad y de los derechos humanos. Peores eran todavía antes de la Caída del Muro.

10 Manolo2

Por otro lado, dicho régimen consiguió convertir España en un país de clases medias, acabando con el hambre y el analfabetismo, creando el camino para un régimen democrático de corte occidental a través de su reforma bajo el jefe de estado que Franco eligió. Eso es todo.

11 Comunista de verdade

Manolo2, Manoliño, franquista do carallo... Non queremos, e Javier tampouco quere o teu "apoio".

12 Manuel P.

Democracia para Cuba, si pero os franquistas tod@s de España para a cadea, porque postos a defender a violencia entón...