“Quero vivir con dignidade”

Javier Fernández Castillo é un músico cubano que fai folga de fame estes días na praza do Obradoiro para denunciar "a ditadura dos Castro" e reclamar "a liberdade, a democracia e o cumprimento dos dereitos humanos" para o seu país. O consulado négalle a entrada en Cuba por solidarizarse con Orlando Zapata.

Por Jorge M.de la Calle | Santiago de Compostela | 03/03/2012 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

Javier Fernández Castillo é un músico cubano de 37 anos, santiaguero e residente en Galicia. Hai xa dous anos iniciou unha folga de fame de 27 días fronte ó consulado cubano de Compostela en protesta pola morte de Orlando Zapata, para esixir “a liberdade dos presos políticos cubanos”, “o cumprimento dos dereitos humanos”, e “a liberdade e democracia con garantías para Cuba”. O consulado non só non o escoitou, senón que lle negou a entrada en Cuba, polo que non volverá ver os seus pais enfermos nin o resto da súa familia e compatriotas, de non levantarse este veto. Por iso, Javier está dende o mércores de novo en folga de fame, apostado no Obradoiro e reivindicando “os dereitos humanos para a ditadura dos Castro”, e seguirá porque quere "vivir con dignidade".

None

 

Por que estás aquí?

Estou aquí en representación de tódalas persoas en Cuba que non teñen voz, para que se cumpran dunha vez os dereitos humanos en Cuba. Existen humanos sen dereitos, e iso é imposible. Os dereitos humanos están para cumprilos, non son unha carta de recompilación de boas intencións, creo que cada ser humano ten que velar para que se cumpran. Non creo que teña que ser ningún goberno quen teña que facer todo o esforzo. É requisito individual que se cumpran, e eu estou aquí para que se cumpran.

Como te afecta a ti particularmente esta supresión de dereitos en Cuba?

None

Pola folga que fixen no consulado négaseme rotundamente a entrada no meu país. O cónsul di que son unha persoa “non grata”, e di que esa orde lle chegou do goberno de Cuba.

Non che deixan ver a túa familia?

Non, non me deixan ver a miña familia; agora mesmo a miña nai e o meu pai están enfermos e eu non podo ir a Cuba.

Familia

Alegando que os teus pais están enfermos, non podes ir velos?

Non. Dinme que tódolos trámites os faga por correo, que eu non podo pisar máis alí. A miña avogada foi maltratada, teño gravacións. Tratóuselle dunha forma despectiva, “Que fas ti aquí?”, “Isto pertence a Cuba e non tes que facer nada aquí, isto é de cubanos”. Eu creo que un cónsul está en representación do pobo, non dun goberno totalitario. Teste que sentir identificado en calquera país co teu consulado, e o consulado identificado contigo e resolverte os teus problemas. Non poden ser simpatizantes dun réxime sendo culpabeis, porque saben o que está pasando, e enriquécense de tódolos cubanos que están aquí. Porque a suma de grandes divisas que ten que pagar un cubano para ir a Cuba, para que lle poñan un cuño, que llelo pregunten aí, que teñen tarifas, sobre como se debe tratar a cada cubano que vaia por aí.

Hai que pagar para entrar en Cuba?

Hai que pagar por renovar o pasaporte. Pero unha renovación de pasaporte pode costarche sesenta euros, segundo o “status”, como me dixeron eles.

Status?!!!

Status”. Nunha sociedade que disque suponse que é socialista, e comunista, hai “status”. Así mo dixeron a min, na miña cara e diante da avogada.

"Cubano renegado"

 Non será polo nivel económico, non? Senón pola condición de cubano, moi cubano, “cubano renegado”...

Aí. “Cubano renegado”, “cubano que fai favores”, “cubano que se deixa cravar”... Sabe deus o que teñen montado. Iso non se pode permitir. Por que os cubanos permiten iso? Porque teñen medo. O amor que teñen á súa familia é tan grande que se esquecen do odio, do rancor, pasan totalmente e se teñen que pagar grandes sumas de diñeiro as dan, por ver a súa familia. Pero coido que se queremos cambiar algo, cadaquén ten que achegar un pouquiño. E non é que sexamos arrogantes, senón que cada persoa ten que loitar polos seus dereitos, e non unha soa, nin Orlando, nin as Damas de Branco, nin Wilman, nin sete persoas que están “dando o callo” en Cuba para que a cosa cambie. É moi bonito dicir: “Si si, iso está ben, pero que o faga outro”. Pero ti, cubano, que fas? Nada. Deixarlle o “marrón” ós demais. E non só iso: critica. Até iso chegamos. Critícase a quen quere defender os dereitos humanos en Cuba, se lle maltrata, se lle persegue, se lle recortan máis os seus dereitos, non se lle deixa entrar, se lle priva do seu traballo... Vostedes saben todo o que pasa alí.

Bueno, non hai moita información...

Si hai información en Internet, e todo aquel que queira infórmase. Non hai xustificación para que agora me digan a min que nun país coma este non hai información, quen non se informa é porque non quere. Porque todo o mundo ten acceso a Internet, a preocuparse...

"Non hai Internet"

A ver, si, eu preocúpome, pero hai unha sorte de aureola mítica de que Cuba é a patria do socialismo e da Revolución que vela toda crítica. Mesmo alí os medios son todos oficiais, non si? Non hai liberdade de expresión, é verdade que non podes conectarte a Internet?

Exactamente, hai unha máscara... e non hai Internet, hai agora mesmo Intranet para algúns blogueiros: se a información non é ben considerada polo goberno, non a sacan. Hai un certo temor a dicir a verdade, e a verdade dise en quente, non se mete nun microondas, entendes? (risos) É unha información requentada. E esa é a miña vivencia persoal, non cha contaría se non o tivese vivido.

Baixo esa mancha hai algo máis, oculto. Imos ter que aplicar o mesmo xabón diplomático que aplican eles. Porque a moita xente que vai a Cuba a facer negocio, se lle aplica o xabón ese, lávase as mans, e con ese xabón eu veño aquí e fago o meu negocio, con este tipo que está maltratando a súa poboación, e a min non me interesa! Porque os contratos, para eles, están por enriba de tódolos dereitos humanos e de tódolos cubanos. Interésanlle os contratos, e sacar os presos de Cuba para que non lle busquen problemas, para que non se lles forme unha revolución porque teñen negocios alí, capital invertido. Esa é a realidade de Cuba, e de moita xente galega que ten posesións en Cuba e espera que non cambie a cousa porque sabe que, tal e como está a situación, pódense retirar a Cuba, e entón pasan por enriba da dignidade do cubano. E eu non estou disposto a pasarlles nin unha máis.

Orlando Zapata

Antes da folga por Orlando Zapata, tiñas máis problemas co consulado cubano?

Si, deixáronme nove anos sen ir a Cuba porque me neguei a pagar unha cláusula que me dixeron que tiña co consulado, e se non a pagaba non podía volver.

Estando fóra tes que seguir pagándolles... para poder volver?

Estando fóra, si si... Coma se fose unha “degenerá”, como para non dicirche outra cousa mal dita (risos). É así. E ti, se pagas un imposto, é para que se fagan estradas, hospitais... para que se vexa un beneficio. En Cuba ti que beneficio ves? Non, embólsano, fan máis hoteis...

Cres que hai xente que se enriquece?

Si, enriquécese. Moito diñeiro, e agora coa visita do Vaticano vaise ver.

Cantos anos levas aquí?

Levo 18 anos en España, a maioría en Galiza. Teño feito moitas cousas, mais son músico. Reivindiquei os meus dereitos non soamente por min, senón pola miña xente. Hai unha demanda en min que me prohíbe quedar calado.

 A xente que pasa por esta praza solidarízase contigo?

Hai moitos que me apoian. A xente para a mirar, achégase e charla tamén.

Tamén houbo xente, sobre todo rapaces con certa ideoloxía pro-castrista, que se riu de ti, non si?

Non hai que darlle máis importancia a iso, porque son nenos. O que máis me incomodou non foi que atacaran a miña persoa, porque non estou reclamando nada meu, estou reclamando os dereitos humanos, que son dereitos universais. É unha ofensa ó pobo de Cuba. Eles están adoctrinados, e rinse do pobo de Cuba, pero non de min. Primeiro me deron uns panfletos...

 A ti que sabes máis ca eles o que é vivir alí...

Exactamente, eu teño unha vivencia, que non se pode comparar ás historias. As historias son historias, pero coidado coas vivencias, que son algo máis que historias.

Ideoloxía

Pódoche preguntar que ideoloxía tes? Tes algunha?

Eu! A dos dereitos humanos. Esa é a miña ideoloxía. Eu non creo nin no comunismo, nin no socialismo, nin no capitalismo... Ninguén me afilia, eu non estou afiliado a ningún partido americano deses... Eu son un cidadán de a pé, cunha conciencia. Non son pro-ianqui, nin, teño nada que ver con iso. A min me move a miña conciencia, non me move ningún interés, como a ti, entendes, que non vas recibir ningún diñeiro pero te move o interés de sacar a luz o que me está pasando, e agradézocho.

Estarías a gusto en calquera sistema, entón, sempre que respectara os dereitos fundamentais.

Que respecte os dereitos humanos, que son moi fundamentais.

Vas rematar hoxe?

Non, como me vou ir? Seguirei até que poida, e dáme igual que Castro non me vaia facer caso, isto non é un problema con Castro, é un problema comigo, que quero vivir con dignidade. Esta vida non me sabe. A vida é como un chicle, e chega un momento no que perde sabor.


Galería fotográfica aquí 

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 206 comentarios

29 MoZ (o autor)

NOTA DO AUTOR: Primeiramente, parabéns a todxs xs que dialogastes e discrepastes dende a argumentación e o respecto, e o meu máis sinceiro rexeitamento a quen só ten ánimo de insultar e desprezar, non tanto a min como a Javier. Contesto en xeral a todxs xs que teñen por costume "matar o mensaxeiro".

1 MoZ (o autor)

Cando un deles di que "os medios terían verificado na Embaixada e contrastado”, amosa que non ten moito coñecemento do que é unha entrevista, ou directamente ten mala fe, ou directamente se engana, como adoitamos enganarnos coas nosas preferencias ideolóxicas, ou como nos deixamos enganar por un amor. O xénero “entrevista” é un xénero que ten como obxectivo coñecer o pensamento, os sentimentos, o ser e o expresar dunha persoa, e se é en profundidade ademais retratala na súa esencia (pero isto non é máis que unha entrevista de actualidade, ou de declaracións).

2 MoZ (o autor)

É o entrevistado o único responsábel do que di, e non vexo que na Galiza ou en España se contraste ou se censuren cada unha das innumerabeis parvadas que di a clase política (simplemente se lle dá voz, para que precisamente os coñezamos tal e como son, e se retraten sós). É diferente dunha reportaxe, na que a voz é a do autor e a súa misión si debe ser contrastar todas as opinións, datos, e interpretar o mellor posíbel os feitos, tirando conclusións certeiras. Mais aquí o que parece que hai é un medo a criticar o castrismo, sobre todo dende o seo da esquerda á que eu mesmo pertenzo. O castrismo é incuestionábel para moitos e moitas; a Revolución cubana unha relixión, e Castro infalíbel.

3 MoZ (o autor)

Pero non hai sistemas perfectos, e da mesma maneira que denuncio que este sistema no que vivo non é unha democracia, senón unha ditadura dos mal chamados “mercados” (eufemismo de banqueiros e multinacionais), non me calarei ante calquera atropelo, veña do sistema do que veña. Só escoitarei as persoas, e as súas reivindicacións. E para min era e é un deber moral, un principio ético insoslaiábel, e un imperativo da conciencia escoitar e transmitir o que me dixo Javier. Como ía pasar por diante do Obradoiro e pasar de largo, tan ufano, ante unha persoa que levaba días facendo folga de fame, sen nin sequera lle facer caso ningún outro medio? Non señores, nin La Voz nin El Correo, sorprendentemente, lle fixeron ningún caso... Logo non será como din que está financiado/apoiado polo coro mediático do PP/Conde Roa... nin por ninguén.

4 MoZ (o autor)

Eu sentei con el (que sería o que terían que facer todos aqueles e aquelas que critican comodamente dende o seu sofá de pequenoburgueses, comunismo de salón, esgrimindo actitudes e opinións entre hipócritas e cínicas, cando non racistas, e prexuízos que pasan do típico arquetípico ó tópico e architópico, sen vivenciar o que conta) para coñecelo realmente, ler nos seus ollos, e ver (intuír) que non minte. E non, non contrastei antes no consulado porque ese non é o obxectivo nin procedemento da entrevista, senón da reportaxe, ou, para vós, dun sistema censor que non aplicariades a outra xente afín ideoloxicamente a vós, que pode falar polos cóbados sen ver matizadas as súas opinións. Cada un varre para a súa casa, e cada un conta como lle vai na feira.

5 MoZ (o autor)

Pero si souben, a través del, e tamén contrastarei por quedar tranquilo (aínda que a súa firmeza e os seus ollos nos tiñan que bastar) que o pasaporte cubano é dos máis caros de renovar, dos que menos duran e que por riba hai que facelo cada dous anos, o que se traduce en centos de euros, cando non miles, que se acumulan formando unha débeda que non poderían calificar nin os de Moodys. Até 600 euros me confesou Javier que debía outro compatriota seu, por non pagar o pasaporte (ou máis ben diría “imposto revolucionario”, nunca mellor dito), relixiosamente cada dous anos. E cando esa é a condición para ver a túa familia, para min ten un nome: chantaxe. Extorsión-explotación ou atraco directo das clases traballadoras, baixo pretextos e xustificacións inxustificabeis, para alén de que tamén niso o goberno cubano, tan socialista el, aplica diferenzas de “status” entre cidadáns, polo que non todos pagan o mesmo, e precisamente polo grao de afección ao réxime.

6 MoZ (o autor)

Isto é o que denunciou Javier, e fose verdade ou non (el díxome,sen que eu antes lle cuestionase, que me ía ensinar as probas, e que podía preguntar a outro, e confío), un xornalista ten o deber de escoitalo e darlle voz, e non censuralo e prexulgalo porque vaia en contra dun “mito intocábel” para moitos e moitas, o primeiro eu, que tamén son comunista de corazón, aínda que conservo, grazas á deusa Fortuna, algo de espírito crítico e independente. Porque non son, como di Antón, ningún “medio de intoxicación masiva”, nin me deixo intoxicar polos media, simplemente porque non vexo eses media que el di e que emprega como muletiña para desprestixiar toda tentativa de exercer un espírito crítico e libre de prexuízos, desnudo de preconceitos e dogmatismos. Eu, como Javier, como el mesmo me recordou, non cobro UN PESO por isto, nada, e móveme a conciencia, como a el...

7 MoZ (o autor)

... polo que non podía deixar pasar a historia de Javier e a súa loita persoal, fose ou non afín á miña ideoloxía. Outro máis “puro” e “ortodoxo” ca min tería dito: “Pobre pringao, mira un mercenario dos USA, déixao morrer, que proteste, este só quere saír nos telexornais”. Pero curiosamente non saíu máis que no GC, a día de hoxe. Non teño ningún “odio” nin “manía” por Cuba, de feito é a primeira vez que emito unha información que puidese chamarse “negativa” cara a ela, ou máis ben cara ó goberno cubano, non confundamos, cando sempre defendín e defendo a súa revolución, a súa traxectoria, o seu sistema de saúde, o seu sistema educativo, a cultura, música, arte, literatura... pero non podo pasar por riba das persoas.

8 MoZ (o autor)

Por riba das persoas, e da verdade, ou polo menos A SÚA VERDADE, persoal de cada un, as súas vivencias, non pasarei, como diría a Pasionaria, e tampouco as ideoloxías e as súas ortodoxias e conxunto de crenzas incuestionabeis pasarán por riba da miña CONCIENCIA. Precisamente escollín a nova de Luz Fandiño porque está moi relacionada. Ambas son persoas que loitan polos seus dereitos e os de toda a súa xente, contra réximes e personaxes totalitarios. Para dar idea da diversidade da resistencia, e polo tanto da opresión. Tódolos totalitarismos son malos, diría o sabio. Nesta nova verquín moito tempo e enerxías, e vai sendo hora de que peche. Pero si, recollerei as probas dese “atropelo” que denuncia Javier, cando poda e teña tempo, máis por imperativo meu na busca da verdade que por calmar os ánimos ou directamente rebatir a mala fe de xente que non cre máis que no que ve, e nin iso, porque están CEGOS. Cegos ante as persoas, e cegos de odio.

9 ---

Boa noite, Jorge M. de la Calle.

11 Larchán

Xa meu, agora resulta que aliarse co imperialismo e repetir as mesmas falacias dos medios da ultradereita fascista miamense é defendelos dereitos humanos. MOZ podo demostrar que a meirande parte do que di este mercenario é mentira ou son medias verdades.

12 Larchán

Xa meu, agora resulta que aliarse co imperialismo e repetir as mesmas falacias dos medios da ultradereita fascista miamense é defendelos dereitos humanos. MOZ podo demostrar que a meirande parte do que di este mercenario é mentira ou son medias verdades.

13 Fistrotrópico

A mim o primeiro dia que cheguei à Havana também me pareceu que todos eram sinceros. O segundo dia já menos XD. Nomeadamente quando fui contrastando as suas delirantes histórias com a realidade. Os tipos são espilidos coma alhos e têm um talento natural para a arte dramática.

14 Fistrotrópico

Ainda bem quem não há jet-lag que cem anos dure... ;-) Se não nessa ilha pirata que foi Cuba os moinantes deixam-te seco o primeiro dia. Mas bom, eu entendo que as pessoas tem de "buscarse la vidilla" o melhor que puderem e já sabemos que: http://www.youtube.com/watch?v=J5Hp...

15 CranioF

¿Moléstanche os insultos e desprezos? Entón quizáis poderás explicarme porqué me chamaches "imbécil" non hai moito, engadindo que non sei nin falar. Cánto che queda por aprender nisto do "xornalismo"...!

16 Cubana

No se porque se "escandalizan" los defensores de una tirania que ha durado 53 anios y que se han pasado el poder como lo hubiera hecho cualquier monarquia, no se hasta cuando habra tanta gente cegata, que pide para otros pueblos , lo que jamas aceptarian que les hicieran, en Cuba ha habido todo tipo de prohibiciones y todavia siguen , en Cuba el salario es patetico, 17 dolares al mes como promedio, en Cuba no hay ningun medio informativo que sea independiente, en Cuba no es permitido tener coneccion a internet en las casa, como los que aqui comentan pueden tener, por que pedir para un pueblo que tengan mordaza? por que no pedir lo justo? cuantos aqui no tienen salud y educacion "gratis"...aunque lo gratis por supuesto no existe, imaginen que a cada espanol, solo les pagaran 17 dolares al mes ...

28 Arenga

Este quere que lhe dem umha subvençom para dar palestras anti-castro e assim nom ter que trabalhar como a tal yoani.

1 MoZ (o autor)

Síntoo, Arenga, pero por primeira vez me decepciona profundamente unha reflexión túa. Precisamente por non selo, senón un prexuízo parv0 que xa pasa de tópico para ser architópico. Ademais dunha falta de respecto a unha persoa que merece todo o meu respecto pola súa valiente decisión. Unha aperta a pesar de todo ;)

2 anti trolls

Veña MOZ non peques de inxenuo este MERCENARIO repite coma un papagaio o guión da USAID.

3 Cubana

Que les parece los que repiten como papagayos los dictados de un regimen totalitario? identicos a los que un dia eran reptidores de los dictados del franquismo.

27 Bruar

Isto é Galicia/Galiza, tamén é o Reino de España. A causa de Javier é tamén a causa de calquera que viva nos Emiratos Árabes, en Irán, na India, no norte de África ou en calquera país como, por exemplo, Rusia ou incluso o mesmo Reino de España. Pode reclarmar o respecto aos dereitos humanos.O xogo libre e democrático atingue tanto á Cuba non libre como aos EE.UU. non libres como á Rusia non libre, como á Siria non libre, como ao Exipto non libre, como ao pobo saharauhi masacrado durante máis de 30 anos, ou ao pobo kurdo masacrado impunemente durante máis dun século. Todo entra no mesmo bombo de lotería, pero non esquezamos que ven a pedir xustiza nun país que despois dunha Guerra Civil na cal aprox 115.000 persoas foron asasinadas polo bando ganador sin XUSTIZA nin xuicio para os asasinos. Fai ben pouco que o único xuiz que intentou abrir proceso xudicial foi inhabilitado. Este é o país que temos e aqueloutro é o país que ten este cidadán.

1 Lector crítico

Ninguén dixo o contrario, Bruar. Aquí temos o país que temos, que é a dictadura dos mercados, pero polo menos podemos emigrar e volver en calquera momento, sen ter que pagar impostos de ata 600 euros... En fin, tamén aprobaría unha folga de fame para que dimitese a delegada do Goberno en Valencia e recoñecesen a brutalidade contra os estudantes, pero parece que a algúns lles doe que se tente criticar un pouquechiño sequera o seu gran mito montado arredor da "patria do socialismo"... e é que isto da política semella unha relixión, que pasa por riba das persoas e das conciencias.

26 Independente

Meu, cando me demostres que en Cuba se lle abreu a testa a un rapaz de un porrazo por reclamar calefación nas aulas, entón te recoñecerei que en Cuba se violan os dereitos mais básicos.