Jorge Arreaza, xefe da diplomacia de Venezuela: “Galicia é un pobo co xerme da revolución porque son obreiros e campesiños”

O chanceler da República Bolivariana critica o “amarelismo” nos grandes xornais sobre a situación do seu país. “Menten e terxiversan”, asegura nesta entrevista na que lembra o seu paso, durante a infancia e adolescencia en Galicia. “Eu aínda sufro de morriña como din os galegos”, destaca.

Por Lois Pérez Leira | Caracas | 02/07/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Sobre as relacións diplomáticas con España, o chanceler venezolano critica certos pasos que ten tomado o Goberno de Sánchez. “Hai pouco o meu homólogo español Josep Borrell, dixo nunha entrevista que os estadounidenses aseguraron a algúns gobernos europeos, entre eles ao seu, que o golpe dado polo fantoche da Asemblea Nacional (Juan Guaidó) sería apoiado polo pobo e a Forza Armada Nacional Bolivariana. Por iso, deron pasos en falso recoñecendo a un goberno inexistente e agora buscan retomar a sindérese. Por iso ten que haber unha reflexión no mundo”, asegura.

Jorge Arreaga, xefe da diplomacia de Venezuela
Jorge Arreaga, xefe da diplomacia de Venezuela | Fonte: L.P.L

Tras o fracaso do golpe pide unha relación de “respecto mutuo, de igualdade e de cooperación con Venezuela” e que se opoña “ás imposicións imperialistas” do goberno Trump. Aposta, para iso, en aumentar o investimento das empresas españolas no seu país. “En Venezuela no sector petroleiro, no de telecomunicacións, é moi importante a cooperación española. Nós queremos ter boas relacións con España baseadas no respecto mutuo”, destaca o xefe da diplomacia bolivariana.

 LPL: A súa familia ten unha historia moi vinculada á diplomacia venezolana. O seu pai foi parte do corpo consular nas Illas Canarias e  en Galicia.  Pode comentar como foi esa parte da súa vida nestes dous lugares tan emblemáticos para as relacións entre España e Venezuela?

JA: Efectivamente, o meu pai foi cónsul de Venezuela en Tenerife en 1975,  non tiña eu aínda dous anos. Os meus primeiros recordos son de Canarias, de Tenerife; cando cumprín os catro anos,  a miña primeira vez na escola, o meu primeiro xogo de fútbol. Os meus agarimos están en Canarias, no Teide; no Puerto de la Cruz; na Praia das Teresitas, no Parque municipal.

Recordo que a primeira vez que me subín a un avión foi para visitar Fuerteventura, as miñas primeiras vacacións. Despois o meu pai foi destinado ao Caribe e posteriormente regresa, xa como Cónsul Xeral, a Galicia, en Vigo.Pasei  entre os 12 e os 14 anos en Vigo. Fixen grandes amizades e vinculeime moito coa esquerda de Galicia; estudei nun colexio de independentistas e socialistas que se chama Rosalía de Castro, que queda nos arredores de Vigo.

O chanceler da República Bolivariana, Jorge Arreaga
O chanceler da República Bolivariana, Jorge Arreaga

Alí comecei a activar as miñas ideas políticas, na Galicia dos anos 80, foi unha experiencia marabillosa. Eu aínda sufro de “morriña” como din os galegos e gustaríame volver pasear as rúas de Vigo, as Ramblas, o Club Náutico, a visitar o Castro,  son recordos moi fermosos e moi presentes na miña vida.

LPL: En que lugar viviu en Vigo? Coñezo que foi moi preto da Alameda...

JA: Si, viviamos na Rua García Barbón. Nun edificio, no 4-B, lémbroo perfectamente. Iso foi nos anos 87; son recordos que de verdade  manteño moi vivos e non puiden volver e gustaríame, porque quero moito a Vigo.

LPL:  Que lembranzas ten en xeral da cidade, ademais dos que xa comentou do Colexio Rosalía de Castro?

JA: Recordo de Vigo a súa actividade a pesar do clima, chovía moito. Unha soa vez nevou no tempo que estiven alí, puido ser no 88 ó o 89. Respirábase un ambiente moi progresista vinculado cos obreiros dos estaleiros, cos pescadores, os mexilloeiros;  as bateas na Ría, os campesiños. Onde está o colexio esa é unha zona rural e naquela época aínda se podían ver arados con bueyes. O meu mellor amigo era fillo de campesiños, fixen vida cos  seus pais, cos seus avós, xente de moi bo corazón. Con eles aprendín a comer un cocido galego e outros pratos típicos.

Eran tamén anos difíciles para España. Estaba a producirse o referendo para sacar as bases da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), con aquel goberno de Felipe González que aparentaba ser socialista, e deu dous ó tres pasos á fronte e logo como cincocentos en retroceso. Eran momentos de moita esperanza, estaba a ingresar España á Comunidade Europea. Foi un momento moi interesante para min e a miña nai tomou previsións; regresamos antes de tempo polo problema da proliferación das drogas.

LPL: Acórdase dalgún político galego naquel entón?

JA: Nese momento, hai que recoñecelo, o líder en Galicia era Manuel Fraga, da dereita. Pero xa xurdían, opcións de esquerda aínda que esa foi unha rexión moi conservadora sempre. Lembremos que Francisco Franco era do Ferrol, e iso tivo moito impacto na vida de Galicia. Con todo, sentía xa con moita forza o Bloque Nacionalista Galego de Beiras e alianzas que se deron para tratar de contrarrestar á dereita.

O pobo español en xeral, pero eu diría que especialmente en Galicia, é un pobo co xerme da Revolución, porque son obreiros, campesiños, pescadores; son traballadores dos portos, dos estaleiros. E son os traballadores os que levan a cabo os grandes cambios da historia da Humanidade.

MR: Hai unha gran cantidade de galegos vivindo en Venezuela. De feito, hai un vínculo forte con Galicia. Cre que hai unha campaña de desinformación sobre a situación actual que busca xerar odio e rexeitamento cara aos venezolanos independentemente da súa tendencia política?. Que lle diría vostede á comunidade galega sobre o que sucede hoxe no noso país?

JA: A comunidade galega que veu a Venezuela, veu traballar. Moitos viñeron antes ou despois das guerras, a civil ou a mundial. Algúns viñeron sen nada e aquí lograron saír adiante, con traballo. E tamén nos ensinaron moito. Hai xeracións de galegos nados en Venezuela, fillos de galegos e venezolanos. Eles son xente de ben e coñecen a realidade.

Venezuela está a ser agredida desde 1999, cando deu inicio a Revolución Bolivariana. Foi unha intervención e unha agresión permanente, e estamos no momento máis álxido da mesma. O galego que viviu as consecuencias, as secuelas da guerra na economía e na sociedade, estou seguro que sabe polo que pasamos e é solidario co noso pobo.

As decisións de Trump sobre a nosa economía, teñen un carácter xenocida. Negar o acceso aos medicamentos, aos alimentos, á materia prima para a produción incidindo nos postos de traballo, debe considerarse un crime de lesa humanidade. Nos bancos occidentais hai retidos máis de 6 mil millóns de dólares do Estado venezolano que estaban destinados á compra de alimentos e medicamentos.

É moi forte o “amarelismo” nos xornais sobre Venezuela, todos os días mentindo, terxiversando, sobre o que pasa aquí. Hai un ataque mediático a Venezuela todos os días e os pobos de España están sometidos a esa desinformación.

Oxalá que podamos abrir, quizais será con movementos sociais, partidos políticos, forzas de esquerda, canles de comunicación para que se coñeza a nosa verdade e que cada quen saque as súas conclusións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Bismutiño

É vergoñento dar voz ao representante de un estado tiránico e asasino como o da República bananera de Venezuela

2 Benito G.

De xenocidio da oposición sabe moito Maduro e os seus lacaios. O único ingreso de Venezuela é precisamente o petróleo que vendo a USA. A banda de Hugo Chávez e Maduro arruinó un país riquísimo pero diso non fala o cacique.

1 non panchitos ianques

VENEZUELAS esta arruinada polo terrorismo financiero do ianque o chamado presidente Trampas o trampulleiro... fan moito terrorismo internacional coma o chamado "autoproclamado" presidente Guajiro recoñecido polos clásicos gobernos ladroes, como o que fixeron en Libya con gadaffi que agora resulta ser un santo vendo todo o que pasa...

2 Benito G.

Venezuela está arruinada polo socialismo asasino chavista, onde unha minoría socialista apropiouse de todos os resortes de poder asasinando ou facendo exiliarse por centos de miles de persoas. Canto che paga Maduro por defender os seus consignas? Aínda que claro, se cadra es como os fillos de Hugo Chávez, que son multimillonarios

1 Nas Antípodas

Obreiros e campesiños como Amancio Ortega, si. En Galicia non hai unha revolución desde hai séculos.