Feijóo sobre as críticas de Jácome aos funcionarios: “Eu non vou ser un cronista do alcalde de Ourense”

O presidente galego destaca que algunhas cousas que di o líder de Democracia Ourensana, "logo as matiza".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/07/2019 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta tentou evitar valorar este xoves as continuas críticas do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, aos funcionarios da cidade. “Sobre as declaracións mellor que lle pregunte ao alcalde de Ourense. Sería o máis lóxico, oportuno e proporcional”, contestou Feijóo ao Galicia Confidencial tras preguntarlle.

Jácome, alcalde de Ourense
Jácome, alcalde de Ourense | Fonte: EP

“Como vostedes gobernan con eles na cidade, supoño que algo terán que dicir... Ou se lle parece ben ou mal, non?”, insistiu este medio. “Non sigo con exactitude o que di o alcalde de Ourense. Algunhas delas que di logo as matiza. De verdade é que non vou ser un cronista do alcalde de Ourense. Se hai algunha cousa que se refire á Xunta, si”, suliñou.

Con todo, finalmente, deulle un pequeno tirón de orellas ao rexedor ourensán. “En todo caso, todos os políticos debemos ter respecto polos empregados públicos. E se alguén non o fai pois terá que explicar porque non o fai e probablemente será difícilmente xustificado”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

O dito, hai xente que non vale para determinados cargos. Pensa que sigue a estar nunha tenda, vendendo trebellos, e non é o caso.