A produción certificada do Pan de Cea: 448.000 quilos e 16 fornos rexistrados

O valor económico estimado sitúase por encima do millón de euros.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/07/2019 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

A produción certificada de Pan de Cea, que se elabora no termo municipal de San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense, superou os 448.000 quilos o pasado ano e alcanzou os 16 fornos rexistrados.

Homenaxe ao Pan de Cea na festa de exaltación celebrada este domingo en San Cristovo de Cea.. XUNTA DE GALICIA
Homenaxe ao Pan de Cea na festa de exaltación celebrada este domingo en San Cristovo de Cea.. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press


Dos últimos datos da Indicación Xeográfica Protexida do Pan de Cea, recentemente coñecidos e referidos ao exercicio de 2018, destácase que o valor económico estimado sitúase por encima do millón de euros.

Así o destacou a Xunta con motivo da súa XXVIII festa de exaltación, celebrada este domingo en San Cristovo de Cea. Trátase dun pan "singular" da comunidade no que o 50% da súa fariña de trigo procede de campos galegos.

O conselleiro do Medio Rural, José González, asistiu á celebración do produto nun evento no que puxo en valor o traballo da Xunta para promocionar e divulgar os alimentos galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta