Artigos de Ramón Torrado

NUMAX: pórtico da luz en Compostela

O 18 de marzo de 2015 foi un día importante na capital de Galicia, pois nesa data naceu un espazo de cine, literatura e arte que xa entenden como esencial os amantes da creación e da cultura.

Spielberg e as prisións da nostalxia

“Ready Player One”, a máis recente obra do director Steven Spielberg, está situada no ano 2045 e fala sobre un mundo virtual chamado OASIS ao cal entran os amantes dos videoxogos a través dun avatar.

O Tempo, grande escultor

Espero que me saiban perdoar Marguerite Yourcenar e os amantes da insigne escritora francesa por tomar emprestado o título da bela obra que ela publicou en 1983. O motivo é reflexionar sobre a famosa expresión que asegura que o Tempo pon todo no seu sitio.

Os cafés de Wallander

O escritor sueco Henning Mankell creou co personaxe do Inspector Kurt Wallander unha figura fascinante que foi interpretada por Kenneth Branagh nunha serie da BBC. Para algúns lectores, a vida persoal do excepcional policía é o aspecto máis interesante da serie de novelas que protagoniza.

Renovarse e vivir

No inicio do 2018, vou ser moi breve. Pido desculpas a vostede, lectora ou lector de Galicia Confidencial, polo meu habitual exceso de franqueza. Non vou poñer exemplos concretos dentro do negativo para non ferir sensibilidades.

Aceites e resina

En terras de Rianxo, atravesas camiñando o encantador paseo dos cruceiros de Leiro e ves parcelas de monte con troncos cortados. O forte arrecendo a madeira e a resina trae unha miríade de recordos da infancia.

Un Prado galego

Unha recente visita ao Museo do Prado en Madrid foi o equivalente a unha breve estancia no Paraíso. Por motivos inesperados, limitouse a unha hora o proceso de entrar nun síndrome de Stendhal diante de tanta verdade e beleza.

Soños de crisálida

Unha consecuencia triste e feliz de ser maior é a gradual sensación de ver con máis claridade, mentres que se vai deteriorando a vista. Hai días nos cales se pensa que é preciso arriscarse (o que coloquialmente é denominado como “mollarse”) para acadar hipotéticos resultados e para aproximarse á verdade. É o que este artigo pretende.