Artigos de Álvaro Rodríguez

Carta de Critias a Terámenes (V): Rifa entre Patricios

Os pobos destas terras son acolledores e hospitalarios cos forasteiros. Síntome cómodo nas reunións e encontros coas xentes do pobo modesto. A súa laboriosidade é excelente, gústalles traballar e a xeneralidade esfórzase en facer ben o seu oficio e coidar dos seus seres queridos. Son sorprendentes as diferenzas que teñen coas elites políticas elixidas por sorteo.

Carta de Critias a Terámenes (IV). Labras retortas

Debo recoñecer estimado Igual Terámenes, que ás veces este pobo emocióname vivísimamente ao lembrar os ensinos dos nosos sacerdotes mestres na Academia. Cando eramos nenos, lembras amigo, como nos inmortalizaban nas nosas almas “non son os ollos os que ven, senón o que nós vemos por medio dos ollos”. Educáronnos como hómoioi na axuda mutua, e na Dilixencia como prontitude de ánimo para facer o ben.

Carta de Critias a Terámenes (III)

Amigo Terámenes, cando che entreguen este despacho, acompañará aos meus criados un home chamado Efialtes. É dirixente dunha poderosa facción política, un dos principais destas terras. Trátao con ostentación, dálle viño, praceres e moedas de cobre. Nada de prata nin ouro. Co indicado Efialtes terá a ilusión ser Distinguido. Como máximo regálalle un cabalo e dálle a opción para que poida decidir o sexo do animal. Así é como nestas terras os oligarcas tratan aos seus cargos. Escoitar a Efialtes sobre a arte de manipular.

Carta de Critias a Terámenes (II)

Estimado amigo. Envíoche compilacións coas constitucións que teñen nestas terras. Atendendo ao pensar de Aristocles (aquí coñéceno polas súas anchas costas e chámanlle “Platón”), os asuntos transcendentales están polo pronto en mans do pobo pouco formado e fácil de sugestionar.

Carta de Critias a Terámenes (Extracto)

Xa preparan o próximo sorteo aínda que eles utilizan a expresión “sufraxio”. O último sorteo deixou os afeitos premios con poucas mudanzas e a refrega afeita.

Sobre as regularidades da política e a súa linguaxe

A expresión “faga como eu, non se meta en política” segue viva na “opinión pública” inducida pola “opinión publicada”. Talvez o malestar dos cidadáns coa clase dirixente do réxime é considerable como consecuencia dos problemas que esa mesma clase crea.

Historias do avó

E cando morreu o ditador, dixéronnos que eramos libres. Que tiñamos dereitos e liberdades. Dixéronnos que se terminou a ditadura, que a partir dese momento a Soberanía residía no Pobo. Recoñecéronse dereitos nunha Constitución. Xa podiamos manifestarnos, os traballadores tiñan dereito á folga. Había liberdade de expresión, e mesmo dicían de pensamento, coma se antes non pensásemos! Tamén nos prometeron que o goberno sería o representante do Pobo.

Reclamacións de Xustiza

O 30 de marzo de 2022, hai un ano, na reunión da Comisión Mixta de Xustiza, Xunta-Estado, que encabezaba o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, e o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, solicitaban ou reclamaban a creación de sete novos xulgados en Galicia.