Artigos de Xesús Veiga

Xogando con lume

Pedro Sánchez está a tentar cadrar o círculo. Pretende que Albert Rivera negocie un pacto que permita dispoñer dunha ampla marxe parlamentaria para gobernar a presente lexislatura. Faino a pesar de que na campaña electoral previa ao 28-A rexistrouse unha forte confrontación entre o bloque das tres dereitas (PP, C's e Vox) e as forzas políticas que fixeron posíbel -na primavera de 2018- o triunfo da moción de censura ao executivo presidido por Mariano Rajoy.

O fracaso de dous modelos de unidade

A recente oficialización da creba operada no Grupo Parlamentar de En Marea, constitúe o certificado do punto final da experiencia unitaria iniciada no mes de Xullo de 2016 e supón o segundo gran proceso de división rexistrado, durante a presente década, no seo do universo do nacionalismo e da esquerda.

Vindeira estación: Pazo do Hórreo

Constitúe un lugar común afirmar que unha determinada campaña electoral comeza a mesma noite na que remata a precedente. Seguindo esa lóxica xa estariamos involucrados nos preparativos da consulta para elixir os futuros representantes no Parlamento galego.

O 26M e o futuro de Núñez Feijóo

A pesar de non ser candidato nas eleccións do 26 de Maio, o resultado desa cita coas urnas vai ter moita importancia no futuro político de Núñez Feijoo.Por razóns directas e indirectas.

As incognitas das urnas galegas do 28 de abril

Até o ano 2015 a singularidade do subsistema político galego radicaba na presenza dunha forza nacionalista -o BNG- que viña obtendo representación no Congreso dende 1996 e que relativizaba, dese xeito, a hexemonía bipartidista exhibida polo PP e o Partido Socialista nas últimas décadas.

O renacemento do feminismo

O sucedido no recente 8 de Marzo foi a confirmación da extraordinaria vitalidade demostrada un ano antes nas masivas mobilizacións convocadas polas organizacións feministas.Tal circunstancia provocou o nerviosismo e a máxima belixerancia nos grupos políticos e nos opinadores mais conservadores.

Ence e a responsabilidade social empresarial

A última polémica sobre ENCE non será, sen dúbida, a derradeira.Ademais da dimensión estritamente xurídica -a negativa da Abogacía do Estado a certificar a legalidade da prórroga concedida polo goberno de Mariano Rajoy- este episodio recente contén case todos os ingredientes económicos e políticos que avalarían a pertinencia do debate público.

A obsesión do PPdG pola vitoria do 2009

Que Núñez Feijoo decidira celebrar, coa máxima relevancia publicitaria, os dez anos daquela vitoria electoral do PPdG que propiciou a súa chegada á presidencia da Xunta, podería ser catalogada como unha anedota atribuíbel á inevitábel e longa precampaña asociada ás citas do 28 de Abril e do 26 de Maio.