Artigos de Lara Méndez

A deputación lanza un plan anti-crise para as pemes

A nosa provincia conta cunhas 1.300 PEMES, é dicir empresas de entre 10 e 200 asalariados que, debido a crise que estamos a sufrir, e da que ninguén sale desapercibido, enfróntanse a situacións ata o de agora descoñecidas que precisan de decisións urxentes que aseguren a súa supervivencia, e de proxectos innovadores.

Un orzamento estratéxico para Lugo

Nun momento de crise económica como o actual non se trata de recortar os servizos públicos senón todo o contrario. É preciso que as institucións agudicemos o enxeño para poñer en marcha medidas estratéxicas que axuden a mellorar a economía da provincia, de tal xeito sexamos un punto de apoio para os nosos autónomos, os nosos gandeiros, os nosos pescadores... en definitiva, para todo tecido empresarial da provincia.

Aforrando cartos aos lucenses

A Deputación aforrará cartos ao 90% dos lucenses coa contratación conxunta do suministro eléctrico. 47 Concellos da provincia apostaron pola iniciativa da Deputación de Lugo: contratar o suministro eléctrico de forma conxunta para aforrar cartos. Trátase dunha medida pioneira en España, que foi ben acollida pola Federación Española de Municipios e Provincias, e sobre a que xa se informaron distintas institucións para poñela en marcha noutras provincias...

A riqueza produtiva da nosa terra

 A vicepresidenta segunda de Deputación de Lugo, Lara Méndez, continúa coas súas colaboracións habituais con Galicia Confidencial logo da súa retención e posterior liberación sen cargos...

A deputación está cos autónomos de Lugo

Os autónomos, que representan o 62 por cento do tecido empresarial de Lugo, son unha peza clave na xestión da Deputación. Consciente da magnitude desde sector, e tendo en conta o momento de crise que estamos a vivir, dende a organismo provincial renovamos as axudas que xa demos no 2008, e que foron todo un éxito, e incluso imos máis alá con novas subvencións...

Cita coa gastronomía no San Froilán

As festas de San Froilán marcan a entrada do outono en Galicia. Son nove días nos que en Lugo só se respira a festa. Por iso, para a Deputación é unha satisfacción colaborar, a través do INLUDES, co Concello de Lugo e coa Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (AGRUGA) na organización da degustación desta carne que terá lugar o día 7 de outubro na Praza de Santa María, a partir das 19:30 horas...