A nosa primavera

Opinión - 02 Abril 2010

Chegou a primavera, e segue chovendo, a cachón. Vai un frío que non é normal. Todo vén desta vez moi serodio e amoucado. Todo anda moi quedo e calado no país.

Lexislar con sentidiño

Opinión - 10 Marzo 2010

Estase a tratar no Parlamento Galego da modificación da Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural 9/2002.

2010, Ano Internacional da Biodiversidade

Opinión - 16 Febreiro 2010

Hai uns días fun dar un paseo polas traseiras da miña vila. Cando deixei a praza maior xa andaban as pombas acomodando na fachada do mosteiro para pasar a noite, e a pouco saíu dunha das sebes que dividen as hortas a rentes das casas un nubeiro de pardaos con moito balbordo e algarabía. E cando comecei a subir a leve costa saíume ao paso do valado un pisco ou paporrubio que é un paxaro moi valente de canto afrautado e metálico. Logo, cando xa asomaban as primeiras penedías e fragas sobre das agras e os campos, vin un bando de ferreiriños martelando co seu canto no peito do camiñante. Lonxe, cara ao monte da neve, voaba alto, pendurado do vento que nace naquelas alturas, un miñato, ou quizais un azor, que tamén os hai por aló. Logo, un pouco máis adiante, nunha silveira próxima, rebulía unha carriza fuxidía, e un pouco mais enriba, na xesteira descontra o alto piñeiral, gorgolexaban varias papuxas invisibles e con moito frenesí. Xa de volta uns xílgaros envurullados nunha luzada de cores apuraban o seu último alimento na curupela dunhas verzas, e na fonte das Lobeiras camiñaba con moita cerimonia, bambeando a cola con moita chulería, unha lavandeira branca. Nese mesmo intre partiu cun berro estridente un merlo por baixo dunha maceira.