Artigos de Francisco Castro

Cultura todo o ano

Alguén que aprezo e teño por persoa intelixente, e levado pola boa fe e o entusiamo, dícíame, hai nada, na Feira do Libro de Vigo diante do exitazo do ciclo de música infantil que producimos dende a Editorial Galaxia e que meteu a moitísimos nenos e nenas nunha actividade lúdica e feliz durante unha semana enteira, que tiñamos que facer isto "durante todo o ano". Loxicamente, nada nos gustaría máis. Loxicamente, nada nos parece máis difícil.

Marty McFly levaba razón

Estaba eu saíndo da adolescencia e, coma millóns no mundo, fun ao cine a ver "Regreso al futuro", divertida historia na que se nos presenta a un personaxe que, sen dúbida, é xa un dos máis recoñecibles do cinema de todos os tempos.

Coma os cans en Alemania

Paseando por unha cidade alemá coa investigadora galega Antía Marante, comentabamos o silencio grande que, en xeral, había en todas partes: pola rúa, nos cafés, nos centros comerciais... incluso nos pubs, onde aínda que houbese moita xente, podíase falar e escoitar. Un panorama sonoro, dende logo, moi afastado do noso. Non sei se mellor. Diferente.

O plátano

Que a policía detivese ao idiota que lle guindou un plátano a Dani Alves para chamarlle "macaco" é importante e está ben. O mesmo que o xesto intelixente do futbolista ao decidir papalo e tirar o córner tan ancho. Igual que as mostras de solidariedade que, plátano e "selfie" na man, os grandes deportistas do mundo se apresuraron a facer e compartir e expresar. Sen dúbida, unha imaxe para a historia do fútbol. E por iso, que ademais se complete a xogada coa detención do demente que tirou o plátano, amosando así o seu pensamento racista, semella perfecto. Porque o fútbol e todo o que o rodea goza dun especial predicamento imitativo, en especial sobre a mocidade, e daquela todo o que se poida facer para afastalo de valores nocivos e para achegalo a positivos, debe ser benvido.

Sentido Común

Que os inmigrantes, con papeis ou sen eles, teñen que ter tarxeta sanitaria é de sentido común. Que a escola ten que ser gratuita e pública é de sentido común.

Un goberno que quere vivir nos mundos de Yupi

Aos membros do goberno non lles gustan os informes que elaboran grupos independentes coma Save The Children ou outros coma Cáritas por só mencionar algúns dos feitos públicos recentemente.

Matar aos obreiros do naval dúas veces

Xusto antes de ler a nova que informa de que o PP se negaba á concesión da Medalla de Galicia aos dous obreiros da antiga Bazán asasinados a tiros pola policía franquista durante unha mobilización do naval o 10 de marzo de 1972 (Amador e Daniel), unha amiga explicábame que a súa empresa, a pesar de ter 900 millóns de euros de beneficios só en España (adiviñen vostedes cal é, non é difícil) que a puña na rúa, a ela e a outra xente, aplicando un ERE Estrutural ou algo así. Dixomo e pensei en que mal que o temos os traballadores e traballadoras para seguir adiante facendo o que pretendemos facer (no básico: gañar a vida con dignidade). Logo, atopei a nova e xa me deprimín para o resto do día.

Igual a Rouco Varela non lle importaba outra Guerra Civil

A min non me estrañou nada os comentarios do outro día de Rouco Varela durante os funerais de estado polo pasamento de Suárez (que manda truco: no tempo no que el era Secretario General del Movimiento, outros loitaban xogando -e perdendo- a vida, e para eses non hai recoñecemento ningún) sobre que igual se volvían dar as circunstancias que levaron á Guerra Civil porque, no fondo, intúo que tampouco lle amola moito esa posibilidade.