Artigos de X.A. Pérez-Lema

O Govern que elixiu a cidadanía catalá

O 14-F deste ano a cidadania catalá escolleu 74 deputados indepes (34 ERC, 33 JuntsxCat-Junts- e 7 CUP) aos que lles outorgou o 52% dos votos, por 61 unionistas (os 53 do 155-PP, PSC, Cs e Vox- e máis os 8 comúns, que vetaron ao candidato Pere Aragonés-ERC- canda Illa, Garriga, Carricosa ou Fernández).

De Xela Arias ao algoritmo de Internet

Malia que cumpra facermos Día das Letras aos 365 do ano esta data sempre é boa para facermos balance e tentar albiscarmos un futuro. Un futuro dubidoso, marcado pola omnipresenza mediática do castelán, pola ruptura da transmisión xeracional e mesmo polas chatas de coñecemento da lingua por parte dun importante sector da xente nova educada en castelán, como veñen de reflectir os estudos da Real Academia Galega.

Escocia cara a súa independencia

Os soberanistas do Scottish National Party (SNP) gañaron as súas cuartas eleccións seguidas ao Parlamento nacional escocés (2007, 2011, 2016 e agora 2021) acadando 64 /129 escanos, un menos da maioría absoluta. A maioría independentista completouse cos 8 deputados dos verdes Scottish Green (gañan 2), fronte aos 57 deputados unionistas (31 tories-gañan 1-, 22 laboristas-perden 2 e acadan os seus peores resultados desque o Parlamernto escocés foi restaurado, no 1997- e 4 liberal-demócratas-perden 1 e acadan tamén os seus peores resultados en comicios escoceses recentes-). Os 72/129 deputados a prol da independencia escocesa sobardan os 71 de 2016 e constitúen o mellor resultado da historia para os seareiros da soberanía da vella Caledonia.

Artellarmos outra produción eólica

O Decreto eólico do goberno BNG-PSdeG do 2007 garantía xustos rendementos para os propietarios dos terreos e as comunidades locais onde se inserían, así como priorizar os mellores plans industriais, que garantían para o ámbito local e, en xeral, para Galicia un desenvolvemento industrial adicional á potencia eólica adxudicada. Mais Núñez Feijóo derrogou as adxudicacións decididas ao abeiro deste Decreto, impedindo o desenvolvemento de plans industriais por 5.000 M€ que xerarían daquela uns 8.000 postos de traballo.

175 anos da revolución democrática galega

Este abril cúmprense 175 anos da revolución de abril de 1846, que Francisco Tettamancy nomeou aqueladamente “a revolución galega de 1846” e que nós, dende a perspectiva deste 2021 ben a podemos chamar a revolución democrática galega de 1846.

Nós non somos desa parroquia

O despropósito da política e do xogo das elites extractivas do Estado xera un moi grande dano ao noso País, Galicia, e á nosa cidadanía. Moi poucas veces este xogo e este dano é tan evidente como nesta conxuntura, ás portas das eleccións rexionais madriñeñas do 4-M e do espectáculo irresponsábel e neglixente que están a dar as forzas políticas españolas.

Vacinas seguras para tod@s

As ferramentas que se están a empregar fronte á pandemia alicérzanse na prevención (distancia interpersoal, uso xeralizado das máscaras, pulo ao teletraballo, control de aforamentos nos establecementos públicos e mesmo restricións xerais á mobilidade das persoas) e e no vacinamento xeral.

O imperio español e as súas elites extractivas

España nunca foi nación nin unión estábel e voluntaria de países e cidadáns.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.