Artigos de Camilo Friol

O Bloque xa non existe

O BNG, como fronte de partidos xurdida da Asemblea de Riazor en 1982, non existe de facto desde o momento en que só quedou un dos partidos que o compoñían e as políticas que se aplican son tamén de partido único. Así pois, que agardar da Asemblea do Palexco do 28 de febreiro?

Medir as pirolas

As eleccións do 20 de decembro serán en Galiza unha disputa fálica na que o nacionalismo galego acudirá ás urnas coa única intención de medir unha vez máis a potencia viril de cada quen, un auténtico todopirolos político que vai impedir que o noso país conte no debate do Estado e poida ter, por primeira vez na historia, un presidente nacionalista á fronte da Xunta o ano que ven.

Xogar con lume na deputación de Lugo

Decidinme a escribir este artigo esta mañá escoitando aos tertulianos e tertulianas da Radio Galega, dun e doutro bando, pontificando sobre o asunto da Deputación de Lugo sen saber da misa a medias e reproducindo no centralismo santiagués o mesmo mal dos seus homólogos da Sexta madrileña. Co ánimo, humildemente, de ilustralos un pouco, a eles vai adicado este artigo.

Quen é Besteiro

Levaba meses amagando con dar o paso para relevar a Patxi Vázquez pero non se decidíu ata que veu o camiño libre. José Ramón Gómez Besteiro chegou a secretario xeral do PSOE galego sen mancharse as mans nin pelexar con ninguén. Foi doado para un maestro do escapismo político como é el.

Día da Patria unitario

Queda un mes para o Día da Patria. Agardo que non se repita o esperpento do pasado ano e o Bloque, Anova, Compromiso, Nós-UP e toda canta formación política se sinta galega conformen unha manifestación unitaria polas rúas de Compostela. É hora de deixarse de parvadas e traballar xuntos por obxectivos comúns.

Feijóo na planeadora

Non me saco da cabeza as fotos do noso insigne presidente surcando os mares galegos na compaña do seu bo amigo Marcial Dorado, os dous fumándose un Wiston de batea mentras Dorado lle ensina a Feijóo as técnicas da navegación de cabotaxe nas rías galegas.

O vindeiro Papa nacionalista

Non deixa de ter o seu aquel que a Asemblea Nacional do BNG encargada de escoller ao vindeiro portavoz nacional coincida co Cónclave Vaticano encargado de escoller ao próximo Papa. Porque, ben mirado, nos últimos tempos o BNG estase a parecer moito á Igrexa Católica: optou o ano pasado no Concilio de Amio pola ortodoxia, o que provocou un doloroso cisma, sofre dende aquela unha profunda crise de vocacións e perde fieis e crentes día a día.