Artigos de Manolo Camaño

O Carballiño, 3 de decembro: Emilio Cao ou a represión inxustificada

O sábado 3 de decembro o Carballiño acollerá unha nova convocatoria das Marchas da Dignidade. Desta volta en solidariedade co estudante galego desa localidade para o que o Ministerio Fiscal está a solicitar unha pena de cinco anos e oito meses por uns supostos delitos que Emilio David Cao Mota xamais cometeu. Esta nova arremetida represiva hai que entendela no contexto de criminalización das protestas sociais como a que levaron a cabo pacificamente sectores populares de todo o Estado o 22 de marzo de 2014 en Madrid e nas que este rapaz tomou parte xunto con máis dun millón de persoas que se achegaron ás rúas da capital española a reclamar pan, traballo e teito.

A unidade popular estará no Obradoiro o 24-O

De facermos a diagnose das condicións obxectivas a uns poucos días da gran mobilización que a plataforma nacional das Marchas da Dignidade levará a cabo en Compostela, temos que seguir a falar dun momento de excepcionalidade histórica, tanto no ámbito social como no nacional. A crise económica, sobre as capas populares obviamente, veu para quedare outras hipotéticas análises son xa, a todas luces, un espellismo e probablemente erróneas. De aí a necesidade da mobilización nun contexto onde a vía exclusivamente electoral supón vender fume aínda sendo unha formamáis de contestación lexítima e que debemos ter en conta.

As Marchas volven a Madrid o 21 de marzo

Comentaba Xulia Alonso, representante da plataforma de persoas afectadas pola Hepatite C, que lle gustaría agradecer a súa concorrencia nas Marchas e a oportunidade de falar e poder expresar as inquedanzas do seu colectivo con dirixentes como os do SAT ou coas voces máis progresistas da cultura, como Willy Toledo. Pero a verdade,e entendémola á perfección, é que non se presta a situación para moitas celebracións e menos cando o que se ten diante é a morte chamando a porta da casa.

O 29 de novembro imos tomar o Obradoiro

O 29-N, último sábado do mes de novembro, a Columna Galega das Marchas da Dignidade dará continuidade á loita encetada coa participación na multitudinaria manifestación estatal do 22 de marzo e logo de arrodear con éxito o parlamento do Hórreo a principios deste verán. O pobo galego desta volta tomará a Praza do Obradoiro de Compostela en consonancia con mobilizacións semellantes que se levarán a cabo noutras nacións e territorios do Estado Español como resposta á situación de precariedade que continuamos a padecer. Previamente o xoves día 6 de novembro haberá manifestacións nas sete cidades galegas para quecer motores baixo o lema “Camiñando cara o 29-N”. As razóns que nos botaron á rúa cando comezou este gran proxecto de unidade popular anticapitalista non só seguen vixentes senón que son aínda máis poderosas: Pan, Traballo e Teito.

Despois do 22M a loita continúa

A Dignidade da clase traballadora e dos pobos das nacións sen estado, foi a protagonista indiscutíbel do pasado sábado 22 de marzo en Madrid cunha mobilización de proporcións tan descomunais que non entraban nin nos mellores cálculos daquelas persoas máis optimistas e xenerosas facendo predicións para este tipo de eventos. Sen dúbida, este movemento xigantesco está chamado a ser a referencia imprescindíbel na gran xeira que se abre para derrubar este réxime emanado da Reforma Política Franquista. Cómpre seguir mobilizando a xente e activar tamén a aquelas persoas que aínda non sentiron a chamada da rebelión, malia estaren a padecer unha situación de inxustiza social calamitosa.

O pobo galego na Marcha da Dignidade

Terá lugar o vindeiro 22 de marzo, cando dende diversos puntos e nacións do Estado Español, se encamiñe unha enxurrada de protesta social con carácter anti-sistémico que ten que converxer, por forza, en Madrid. Nucléolo do réxime e metrópole das nosas nacións sen estado.