Artigos de Francisco Trigo

Carta a Mariano, o outro

Sapientísimo Mariano: Veño de ler istes días unha túa entrevista no Faro de Vigo, iluminachesme, cal Saulo, caín do cabalo camiño de Damasco, indícasme que me vaia para o BNG ou para Compromiso por Galiza, non me sorprendeu estaba esperando que nos dixeras o camiño a seguir, pois tal coma din os textos dos relatorios da inmensa organización de masas que lideras, ou pastoreas, ininterrompidamente dende o ano 1.989, nesa linguaxe rotunda que te caracteriza, “hai que acabar con eses inútiles autonomistas” bota-los fora, combate-los, só ti e os teus tendes patente, non me refiro a de corso, non, líbereme Deus, refírome a de nacionalistas, independentistas e porque non deci-lo de “tutti quanti” sexa necesario pois, non cabe nengunha dúbida que es o mellor, digo mais : o mais mellor, estou convencido, boeno terei que convencerme.