Política - 21 Febreiro 2006
Tal e como xa contamos aquí, hai moito malestar no BNG pola actuación da CIG-Autonómica. Este malestar tamén chegou os titulares das consellerías que o BNG xestiona na Xunta e ao propio vicepresidente, Anxo Quintana, quen recibiu as críticas deste departamento sindical, ao igual que Medio Rural.
Política - 17 Febreiro 2006
Contannos que o presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijoo, coñece e levase ben coa nova conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, unha relación que lle ven a través do seu irmán, con quen o líder popular ten moi boas relacións e con quen, mesmo, mantivo negocios no pasado.
Política - 17 Febreiro 2006
Contannos que no PSOE de Ourense hai mar bravío, especialmente, entre algúns dos seus dirixentes. Segundo puidemos saber, o secretario da Mesa do Parlamento, Pablo López Vidal, está directamente enfrontado ó novo secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, ademáis das diferenzas que mantén co conselleiro de Medio Ambiente, Pachi Vázquez. Ó parecer López Vidal aproveita a mínima para criticar o traballo dos seus compañeiros na Xunta . Dende unha parte do PSOE ourensán explican que este comportamento se debe a que o deputado está perdendo peso na provincia e que, ademáis, xa non sae nos medios.
Política - 16 Febreiro 2006
O novo presidente popular, Alberto Núñez Feijoo, e o seu voceiro no Parlamento, Xosé Manuel Barreiro, non se poñen dacordo á hora de deseñar o traballo parlamentario. A Feijoo non lle gustou nada o protagonismo que o lugués estaba tendo no proceso de reforma estatutaria e, por iso, decidiu intervir directamente anunciando a proposta do seu grupo en rolda de prensa. Un proceder que molestou a Barreiro que non comulga cos xeitos do seu novo líder, especialmente, porque é el quen ten que dar a cara ante o BNG e o PSOE.
Política - 15 Febreiro 2006
O conselleiro de Medio Rural é un traballador empededernido. Segundo nos teñen informado ten tolos aos seus colaboradores co volume de cousas que fai ao día. Está tan concentrado no seu traballo que moitas veces queda a comer na consellería. Na cafetería da Xunta xa o coñecen ben porque, ademáis, non é de moi bo comer.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting