Temas: OURENSE LUGO CALOR

Alerta amarela por calor en Ourense e no sur de Lugo

Os termómetros alcanzarán os 36 graos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2019 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou para este luns a alerta amarela na provincia de Ourense e no sur de Lugo debido ás altas temperaturas.

Os avisos permanecerán activados entre as 13,00 e as 20,00 horas deste luns e os termómetros alcanzarán os 36 graos na zona sur da provincia de Lugo

Mapa das alertas por altas temperaturas da Aemet
Mapa das alertas por altas temperaturas da Aemet | Fonte: Europa Press

Por outra banda, as zonas ourensás do Barco de Valdeorras, Miño e o sur da provincia tamén estarán este luns en alerta amarela con máximas temperaturas de 36 graos entre as 13,00 e 20,00 horas.

A nivel estatal, os avisos meteorolóxicos por risco de altas temperaturas a principios da semana continuarán e activarase a alerta laranxa en zonas de Zaragoza, Huesca, Navarra, A Rioxa, Lleida, Xaén, Cáceres, Badaxoz e Toledo.

Temas: OURENSE LUGO CALOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta