O pleno do CGPJ decide desde este mércores o novo presidente do TSXG

María Zulema Gento e Ignacio Alfredo Picatoste Sueiras optan á Presidencia da Audiencia Provincial da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2019 | Actualizada ás 15:45

Comparte esta noticia

O pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial decidirá desde este mércores o substituto de Miguel Ángel Cadenas como presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), cargo ao que aspiran cinco maxistrados, catro homes e unha muller.

Fernando Alañón, María Teresa Conde-Pumpido, José María Gómez y Díaz, Ángel Judel e José Fernando Lousada son os cinco nomes que están sobre a mesa para presidir o Alto Tribunal galego unha vez celebradas, o pasado 17 de xullo, as comparecencias ante a Comisión Permanente.

Así, Antonio Fraga Mandián, Julio Tasende Calvo e María del Carmen Taboada Caseiro foron descartados pola comisión para entrar na fase final do proceso de selección, que arranca este mércores coa constitución do pleno.

Ademais, o CPGJ tamén nomeará o novo presidente da Audiencia Provincial da Coruña, que sairá de entre os maxistrados Ignacio Alfredo Picatoste Sueiras e María Zulema Gento Castro.

Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo
Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta