Denuncian que o concello de Touro ponlle alumeado público gratis ó dono dunha concesionaria municipal

A marea local denuncia que Electricidade Lorenzo foi a que lle colocou os carteis electorais ao PP.

Por Galicia Confidencial | Touro | 23/07/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A Marea de Touro denuncia a colocación dunha farola do alumeado público orientada cara a vivenda familiar do propietario de Electricidade Lorenzo, concesionaria do mantemento eléctrico deste municipio. 

Farola que supostamente o Concello de Touro lle puxo ao dono dunha empresa concesionaria municipal
Farola que supostamente o Concello de Touro lle puxo ao dono dunha empresa concesionaria municipal | Fonte: Marea de Touro

“O Concello de Touro paga con cartos de todos a iluminación privada dun empresario afín ó partido”, denuncia esta formación  nun comunicado no que pide ao alcalde que retire esta farola. Ademais, anuncia que se reserva o dereito de tomar as medidas legais que considere oportunas.

No pasado mes de maio o alcalde de Touro, o popular Ignacio Codesido, recoñeceu ante os medios que utilizou á empresa concesionaria do alumeado público para colocar os carteis electorais do Partido Popular. “O propietario da empresa Electricidade Lorenzo recoñecía ser do Partido Popular e contradecía a versión do alcalde ó afirmar que non cobraba nada por esta labor, cando o rexedor local afirmara que lle pagaría cincuenta ou cen euros sen especificar como os xustificaría”, lembran desde a marea local.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta