Villares tende a man a BNG, PSdeG e Podemos para "sacar adiante un goberno alternativo a Núñez Feijóo"

Di que o "espectáculo" de PSOE e Podemos no Estado pode "frustrar o cambio" en Galicia. En Marea celebra o seu primeiro 25 de xullo como forza propia con reivindicacións de carácter social e ecoloxistas.

Por Brais Nogueira | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2019 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

Para a celebración do 25 de xullo, En Marea presenta o seu día da Matria cun carácter tremendamente ecoloxista. Nunha rolda de prensa previa ao comezo dos actos no parque de Vista Alegre por terceiro ano consecutivo na que falaron a vicevoceira de En Marea, Ana Seijas, e o voceiro da formación, Luís Villares explicouse a importancia para a formación deste movemento. Durante a celebración contarán coa presenza de activistas que pulan polo medio ambiente. Por exemplo, representantes da loita contra a mina de Touro ou de Fridays For Future.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, e os membros da coordinadora Ana Seijas e Adrián Deus na presentación dos actos do Día de Galicia. EN MAREA
O portavoz de En Marea, Luís Villares, e os membros da coordinadora Ana Seijas e Adrián Deus na presentación dos actos do Día de Galicia. EN MAREA

Villares non se esqueceu da actualidade respecto á posible investidura no Estado e lembrou que “fai tres anos estabamos nun momento clave para un cambio de goberno pero PSOE e Podemos non foron quen de poñerse de acordo”. Para el isto causou unha “desmobilización na cidadanía progresista” que os levou a ter uns peores resultados nas eleccións galegas. Polo tanto, quixo “facer unha chamada de atención” aos dous partidos para que hoxe saquen adiante a investidura e se acade un goberno progresista.

A sociedade civil está reclamando un goberno que se deixe de personalismos e cálculos partidarios e que pense no interese xeral”, continúa. Ademais, sinala que no contexto galego En Marea “está en plena disposición para sacar adiante unha alternativa de progreso” que desbote o que para el é unha etapa pasada da súa organización: “Un espectáculo de aqueles que traballaban en clave de unidade se dedicaban máis a poñerse a zancadilla entre eles que a presentar propostas”.

Para Villares, a clave de que non se chegara aínda a un acordo entre Podemos e PSOE “foi pensar nos postos e non poñer enriba da mesa as políticas programáticas. O importante é que para que se quere gobernar”. Nesa liña, tende a man a BNG, PSdeG e Podemos para “sacar adiante un goberno alternativo a Núñez Feijóo".

“SE NON HAI PLANETA B, NON HAI GALICIA B”

En Marea reivindica este acto como unha denuncia “aos dez anos de estragos ambientais do goberno de Núñez Feijóo, que produciron un deterioro na calidade das nosas augas dos nosos bosques e da calidade de vida nas cidades galegas”. Tamén considera importante innovar en novos sectores relacionados coa economía verde e a economía circular.

Pola súa banda, Seijas sinala que se “non hai planeta B, non hai Galicia B”, e que por ese motivo o partido instrumental pon o aceno no medio ambiente. “Vivimos nun país degradado e ameazado. Conservar a Galicia verde é pensar no territorio e nas persoas. Se non temos un país que respecte o seu medio, non haberá futuro para os nenos e nenas”. Ademais, destaca que para a En Marea é unha cuestión central “non como para outros políticos”.

O voceiro de En Marea anunciou que van a levar á cámara galega unha proposta de declaración e Galicia como país en risco de emerxencia climática: “Queremos poñer na axenda política a cuestión ambiental en toda a súa extensión. Non soamente en canto á protección de elementos naturais, senón na mellora da economía e sustentabilidade”, explica. Tamén indicou que En Marea apoiará a folga mundial polo clima convocada para o 27 de setembro.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Desfeita

Simpatizo co ecosocialismo e o galeguismo progresista, por iso non entendería que antes das eleccións galegas non se procurase a confluencia entre En Marea, CxG, a xente do extinto Abrente que aínda non se aliñou e mesmo Terra Galega, se estes decidiren deixar de ser un sindicato de concelleiros dispersos e quixeren facer parte dun proxecto de país.

1 Peniña dades

E como vas apoiar ti ese cambio Viyares se cun 1% de votos non obtés nada de representación? O único é que non te presentes e logo pidas que te deixen unha asesoría dunha subirección xeral de bibliotecas ou algo asi

1 unmais

Este señor é xuiz de carreira e non precisa asesortia ningunha, os que necesitan os cargiños son os deputadosd de podemos de Galicia en Madrid que non saben vivir mais que da sopa boba da politica