Extinguido o incendio que afectou desde o mércores a Quiroga

O lume queimou 148 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2019 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O incendio forestal que desde o pasado mércores afectaba o municipio lugués de Quiroga quedou extinguido ás 18,00 horas deste venres, 48 horas despois de iniciarse.

Incendio en Quiroga
Incendio en Quiroga | Fonte: Brigada de Marroxo.

Diso informou a Consellería do Medio Rural, que sinala que as últimas estimacións cifran as hectáreas afectadas polas chamas en 148, das cales 64,25 son de monte arboredo e 83,8 de monte raso.

Nos labores de extinción participaron un técnico, 19 axentes, 46 brigadas, 24 motobombas, unha pa e medios aéreos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta