Temas: ENCE XUNTA APDR

APDR presenta recurso de alzada contra a Xunta por non facilitar información sobre verteduras de ENCE

Di que esta postura da Consellería do Medio Ambiente entra "en colisión" co dereito ao acceso á información pública.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2019 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra presentou recurso de alzada contra a Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental pola negativa a facilitar datos de verteduras de Ence.

Nun comunicado, a entidade denuncia que esta situación se produce "de forma reiterada desde o ano 2015", tanto en datos de verteduras á Ría como os relativos ás análises derivadas das Inspeccións da Administración nas instalacións da empresa.

Así, a APDR criticou que este comportamento reiterado por parte do departamento dependente da Consellería de Medio Ambiente entra "en colisión" co dereito ao acceso á información nesta materia, o que supón "un incumprimento" da lexislación.

Fábrica de Ence en Lourizán, na ría de Pontevedra
Fábrica de Ence en Lourizán, na ría de Pontevedra | Fonte: Europa Press.

Temas: ENCE XUNTA APDR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta