A Xunta destaca as aldeas modelo como medida contra o lume e de impulso da actividade agraria

A previsión de Medio Rural é crear preto de 40 aldeas modelo en todo o territorio galego como iniciativa que combina a xestión da biomasa e a prevención de incendios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2019 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, reuniuse este martes co rexedor de Cartelle, Jaime Sousa, e representantes das comunidades de montes de Nogueiró para trasladarlles os beneficios da iniciativa de aldeas modelo tanto desde o punto de vista da seguridade dos veciños ante os lumes como da actividade económica da zona.

González defendeu a declaración como aldea modelo, iniciativa que nace para executar a limpeza de franxas secundarias próximas a núcleos de poboación e polas a producir.

Unha vez despexadas, o terreo porase en valor creando actividade agrogandeira mediante cultivos de horta, cereal, pastos ou castiñeiros, entre outros, que ademais funcionarán como barreira e devasa antiincendios.

A previsión de Medio Rural é crear preto de 40 aldeas modelo en todo o territorio galego, como iniciativa que combina a xestión da biomasa e a prevención de incendios.

Lume en Montefurado
Lume en Montefurado | Fonte: XdL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta