Feridas dúas persoas en senllas saídas de vía en Xinzo e Santiago

Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/08/2019 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

Os Bombeiros de Xinzo excarceraron na mañá deste venres a unha persoa que quedou atrapada no interior duns turismos tras saírse da vía ao seu paso pola localidade de Xinzo de Limia (Ourense). Ademais, outro sinistro saldouse con outra persnona trasladada en Santiago de Compostela.

Segundo informou o 112 Galicia, no momento de producirse o accidente, o vehículo circulaba polo punto quilométrico 2,500 da estrada que vai do Pavillón de Deportes aos Blancos, no lugar de Parada de Ribeira, en Xinzo.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

OUTRA SAÍDA DE VÍA

Mentres, sobre as 9,00 horas deste venres o 112 Galicia recibiu a alerta doutra saída de vía no quilómetro 6 da estrada AC-261, ao seu paso por Santiago de Compostela. Neste caso, o alertante que chamou ao 112 para pedir axuda indicou que o seu ocupante, debido á posición na que quedou o turismo, necesitaba axuda para saír.

Por iso, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso aos servizos sanitarios. Do mesmo xeito, informaron os Bombeiros de Santiago, a axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e a membros de Protección Civil.

Finalmente, os bombeiros non tiveron que intervir posto que un ciclista que circulaba pola devandita estrada axudou á muller a saír do vehículo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta