Galicia mellora o control microbiolóxico da ostra e o mexillón para facer fronte ao norovirus

A Xunta inviste 3,4 millóns de euros no Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2019 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) recibiu este venres a primeira acreditación en Galicia para a cuantificación do norovirus en ostra e mexillón, organismo responsable dunha gran cantidade de afeccións por gastroenterites no panorama internacional.

Ostras
Ostras | Fonte: delmaralplato.com

A Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) concedeu ao Intecmar a capacidade de mellorar o control microbiolóxico sobre estas especies e convértese no primeiro laboratorio acreditado en Galicia para este fin.

A iniciativa enmárcase nun estudo que a Comisión Europea acordou levar a cabo en xuño de 2015. Así mesmo, está coordinado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e pola Axencia Española de Consumo e Seguridade Alimentaria

Pola súa banda, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou este venres o centro dependente da Administración autonómica, acompañada pola directora do mesmo, Covadonga Salgado.

Conforme a isto, a Xunta investiu 3,4 millóns de euros no compromiso entre a comunidade e a organización, uns fondos que se incrementan case nun 15% e supoñen a axuda máis alta a esta entidade no últimos cinco anos.

ACCIÓNS E ENSAIOS

En relación ás accións de control, o Goberno autonómico informou que a técnica de laboratorio PCR a tempo real acreditada é de "alta sensibilidade". "Consiste na extracción de partículas virales que poidan estar presentes nas mostras a analizar para proceder á extracción, purificación e concentración do material xenético viral", comentou.

Así, Rosa Quintana fixo fincapé en que se debe "revalidar" ao centro a súa acreditación noutros ensaios de control de moluscos, como son os de contaminantes químicos, ensaios histopatolóxicos, análises de nutrientes en auga de mar, microbiolóxicos e de biotoxinas mariñas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta