Un cura de Lugo oficia unha misa para pedirlle a Deus que arranxe o "desastre" dunha estrada da Deputación

O párroco de Momán (Xermade) "invocará ao Señor" para ver se el pode "mandar un arquitecto" que poña fin ao deterioro da LU-P-2204. Cada un "utiliza os seus recursos", di, e el non ficará quedo ao ver un tramo da vía que pon en perigo a vida dos condutores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2019 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia