Un incendio forestal arrasa case 20 hectáreas en Lousame

O lume queimou 10 hectáreas de monte aroborado e 9,6 de raso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2019 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

Un incendio forestal que se declarou este xoves no concello coruñés de Lousame, sobre as 16,30 horas, quedou extinguido ás 1,23 horas deste venres tras arrasar 19,6 hectáreas, 10 delas de monte arboledo e 9,6 de raso.

Incendio forestal.
Incendio forestal.

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, que só dá conta dos lumes que superan ou roldan as 20 hectáreas, as chamas rexistráronse na parroquia de Tállara.

En apagalo chegaron a traballar, en total, segundo os datos do departamento autonómico, cinco axentes, 11 brigadas, cinco motobombas, dúas pas, sete helicópteros e un avión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta