Innovacións para coñecer o mellor mercado medieval de Galicia

A Festa da Istoria de Ribadavia, ademais de sorprender pola espectacular e rigorosa recreación da época medieval, destaca tamén por estar á última nas novas tecnoloxías. Para esta edición estrean web e promoven o emprego dunha APP para seguir o evento.

Por X.M. Fernández | Ribadavia | 24/08/2019 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Ribadavia prepárase para outra gran festa medieval a finais de agosto. Os días 29, 30 e 31 de agosto a vila recuperará todo o seu esplendor do medievo onde non faltarán as recreacións da época, mercados, espectáculos infantís, representacións e unha chea de espectáculos e música durante toda a fin de semana.

Cartel Festa da Istoria 2019
Cartel Festa da Istoria 2019

Unha das novidades desta edición é que os concertos amplíanse ao xoves 29 coa actuación ás 23:00 h. do cuarteto tradicional de moda en Galicia, “Habelas Hainas”. E nesta liña de apostar pola música do país, outras dúas formacións que están no cartel son: Tiruleque (venres 30 ás 00.00 h.) e Pepe Vaamonde Group (sábado ás 23:30 h.).

Outra novidade de fresca actualidade é o estreo do novo portal web. A organización quixo crear un sitio moi visual, versátil e accesible, pensado especialmente para achegar aos interesados e interesadas toda a información relevante da celebración. O desenvolvemento é un traballo da empresa galega Balidea, empresa que tamén deseñou unha ferramenta imprescindible, a APP da Festa da Istoria.

A imaxe do evento deste ano é obra da madriñeña Laura Pastor Lorente, diplomada en Deseño Gráfico e ilustradora de contos infantís. Foi a gañadora do concurso de este ano no que competía con 94 propostas máis chegadas de toda España e incluso do estranxeiro.

Podedes estar ao corrente do programa completo aquí.

Castelo de Ribadavia. Fonte: facebook Festa da Istoria
Castelo de Ribadavia. Fonte: facebook Festa da Istoria

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta