Medio Rural insiste: "A limpeza do monte é cousa de todos, non só da Xunta"

Presenta unha aplicación informática para coordinar estas tarefas e aclara que o Goberno galego "non ten intención de sancionar nin de cobrar aos propietarios", senón que pretende asegurar a limpeza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2019 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

O conselleiro do Medio Rural, José González, presentou este luns a alcaldes a aplicación informática 'Xesbío', unha ferramenta pensada para xestionar os incumprimentos e xerar notificacións vinculadas á xestión de biomasa forestal nos arredores das vivendas. Ademais, insistiu na necesidade de que se limpen os montes e advirtiu de sancións.

O evento estivo dirixido aos alcaldes, concelleiros e técnicos municipais dos 97 concellos que xa participan no plan municipal de prevención e extinción de incendios. A Xunta de Galicia expón esta aplicación como "unha ferramenta que facilita aos concellos o cumprimento das súas obrigas", manifestou o conselleiro en declaracións aos medios, en referencia á limpeza das franxas de seguridade contra incendios.

Desta forma, González explicou que a finalidade de 'Xesbío' radica en dar soporte á administración local "na xestión da biomasa na rede de franxas de seguridade situadas preto das vivendas". A aplicación permitirá elaborar distintos tipos de notificacións que os municipios enviarán aos titulares das parcelas e ofrecerá a posibilidade de xerar un documento de adhesión dos particulares ao contrato de xestión de biomasa.

Ademais, 'Xesbío' xerará un modelo de dilixencia de comunicación previa, outro de dilixencia de notificación e un terceiro de anuncio de comunicación a responsables descoñecidos, esta última é unha das "principais problemáticas" ás que se enfrontaban os municipios, afirmou González.

Durante o acto o conselleiro lembrou que "os propietarios teñen que facer a limpeza das franxas nos seus terreos", pero en caso de non levar a cabo "os concellos deben proceder a notificar a execución subsidiaria". Tarefa que se axiliza coa implantación de 'Xesbío', abundou. José González quixo puntualizar que "a Xunta non ten intención de sancionar nin de cobrar aos propietarios", senón que pretenden asegurar a limpeza das franxas "nun mecanismo de prevención de incendios forestais".

UN TRABALLO DE TODOS

O titular de Medio Rural aproveitou a súa intervención para animar aos presentes a promover as tarefas de mantemento no medio rural ao indicar que esta limpeza é "un traballo de todos, non só da Xunta". "É confuso, pero necesario", concluíu.

O conselleiro adiantou que na actualidade están adheridos ao convenio de protección de aldeas 222 concellos. Unha cifra que ha considera positiva ao asegurar que "o risco 0 non existe, pero hai menos posibilidades de que se inicie un incendio en zonas limpas".

Tamén mencionou a iniciativa das aldeas modelo, que consiste na execución da limpeza das franxas para a súa posterior explotación agrícola e gandeira. José González comentou que xa hai máis de 16 municipios "interesados en crear unha aldea modelo".

O conselleiro do Medio Rural, José González, presentou este luns a alcaldes a aplicación informática 'Xesbío'.
O conselleiro do Medio Rural, José González, presentou este luns a alcaldes a aplicación informática 'Xesbío'. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta