Cantos na Maré, o festival da lusofonía, regresa a Pontevedra coa música de Mayra Andrade e Enredadas

Cantos na Maré aposta por novos contidos como a gastronomía, a narración oral ou a danza, así como por novos espazos que leven as súas actividades por toda a cidade de Pontevedra.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 27/08/2019 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

O festival Cantos na Maré regresa á cidade de Pontevedra os próximos 13, 14 e 15 de setembro para celebrar o seu décimo quinta edición, que acollerá 15 concertos e máis dunha ducia de actividades.

En concreto, as protagonistas dos espectáculos musicais que terán lugar no Pazo da Cultura serán a caboverdiana Mayra Andrade, que actuará o sábado 14, e Enredadas, o proxecto conxunto de Uxía, Martirio, Carmen París e Ugía Pedreira, que pecharán o festival o domingo 15.

Ademais de continuar a súa aposta por explorar a lingua como liña de conexión entre Galicia e a Lusofonía a través da música, Cantos na Maré aposta por novos contidos como a gastronomía, a narración oral ou a danza, así como por novos espazos que leven as súas actividades por toda a cidade de Pontevedra.

Presentación do programa do festival da lusofonía 'Cantos na maré'.. XUNTA
Presentación do programa do festival da lusofonía 'Cantos na maré'.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta