A UE adianta o 70% das axudas directas da PAC pola seca

Tamén se poderán sementar "cultivos intercalados" como "cultivos puros" (e non unha mestura deles, como se esixe na actualidade).

Por E.P. | BRUSELAS | 28/08/2019 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Os gobernos da Unión Europea deron este mércores o seu visto e prace ás propostas da Comisión Europea para aliviar as dificultades financeiras de agricultores e gandeiros europeos como consecuencia da seca, como permitir o adianto do 70% das axudas directas da Política Agraria Común (PAC).

Bruxelas expuxo a principios de mes este paquete de medidas que agora foi validado polos Estados membros. Tras o paso deste mércores, quedará formalmente adoptado a principios de setembro, segundo informou o Executivo comunitario.

"Estivemos moi atentos á situación e dispostos a apoiar aos agricultores europeos. Estas medidas deberían aliviar a situación financeira dos produtores europeos e protexelos fronte á escaseza de forraxe para o seu gando", declarou o comisario de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Phil Hogan.

En concreto, as medidas acordadas inclúen a posibilidade de aumentar os pagos anticipados e varias excepcións puntuais ás normas de 'greening' para "axudar aos agricultores a proporcionar pensos suficientes aos seus animais".

Así, os agricultores e gandeiras poderán solicitar o cobro de ata o 70% dos pagos directos a mediados de outubro e o cobro de ata o 85% das axudas de desenvolvemento rural en canto o paquete de medidas quede aprobado a principios de setembro.

Con respecto ás excepcións nas normas de 'pago verde', poderase considerar a terra de barbeito como un cultivo distinto ou como superficie de interese ecolóxico aínda que servise para o pasto ou fose cultivada.

Tamén se poderán sementar "cultivos intercalados" como "cultivos puros" (e non unha mestura deles, como se esixe na actualidade) se se destinan ao pasto ou á produción de forraxes e acúrtase o período mínimo de oito semanas para "cultivos intercalados".

vivenda, casa,  rural, campo, granxa
vivenda, casa, rural, campo, granxa | Fonte: Xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta