Rescatado o ocupante dun turismo que caeu ao mar en Sada

No momento do accidente a marea estaba baixa, "o que facilitou o rescate do condutor do coche", que resultou ileso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2019 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

O ocupante dun turismo foi rescatado na noite deste xoves tras caer o turismo no que se atopaba ao mar no porto do municipio de Sada (A Coruña).

Segundo informou o 112 Galicia, no momento do accidente a marea estaba baixa, "o que facilitou o rescate do condutor do coche", que resultou ileso. Os feitos ocorreron no porto da localidade uns minutos antes das 22,00 horas.

Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para avisar do ocorrido e o persoal do servizo de emerxencias requiriu a intervención dos Bombeiros de Betanzos, do Servizo Municipal de Protección Civil de Sada, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

En concreto, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e un equipo sanitario para atender ao ocupante do turismo, C.M.G.F., que recibiu o alta no lugar tras ser atendido, indicaron a Europa Press fontes sanitarias.

Cruceiros no Porto da Coruña.
Cruceiros no Porto da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta