A familia de Sonia Iglesias segue reclamando xustiza nove anos despois

Unha concentración en Vigo pide non esquecer este caso.

Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 30/08/2019 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

A tarde deste venres celebrouse en Pontevedra unha concentración para reclamar xustiza polo caso de Sonia Iglesias nove anos despois da súa desaparición. A súa irmá Mari Carmen Iglesias leu un comunicado no que pedíu máis esforzos para esclarecer que aconteceu con Sonia. “A esperanza de atopar o seu corpo, de saber que lle pasou e de poder poñerlle rostro” a quen rematou coa súa vida.

A pontevedresa Sonia Iglesias. ARCHIVO
A pontevedresa Sonia Iglesias. ARCHIVO

Iglesias explicou na súa intervención que “ninguén está preparado para a desaparición dunha irmá, pero tampouco para ver os ollos do seu asasino e contemplar neles ese sentimento de vitoria”. Indicou que o que lles da forza para seguir loitando a ela e ao resto da familia de Sonia é a esperanza de que “alguén valente fale” do que sabe ou do que viu.

Detallou que as razóns polas que aínda segue en pé despois de tanto tempo de sufrimento é que que o crime quede impune “non sexa unha opción”. E sinala que o sufrimento que lles causou este caso é tal que a eles tamén lles matou en vida e segue condenándolles a un purgatorio para o que non ven un final.

Tamén agradeceu a todo os que acudiron a cita polo seu “apoio incondicional”, que lles serviu á familia de Sonia para que a súa batalla sexa menos “difícil e solitaria”. Tampouco se esqueceu dos medios de comunicación, que considera en parte responsables de que Sonia “non caia no esquecemento como tantos outros”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta