O BNG avoga por cambiar a política migratoria europea para "impedir que miles de persoas sigan morrendo no mar"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2019 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, avogou este sábado por cambiar a política migratoria europea, "que non reacciona ante a violación de dereitos humanos", para así "impedir que miles de persoas sigan morrendo no mar" mentres buscan un país que os acolla.

Así o indicou a líder nacionalista na súa visita á XXXIII edición da Festa da Poesía do Condado, que se celebra no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño, onde asegurou que a maior parte das persoas emigrantes que tratan de chegar a Europa ven obrigadas a fuxir de África polas guerras.

Neste sentido, Pontón pediu unha modificación nas políticas "regresivas" da Unión Europea por outras que permitan a acollida das persoas que foxen de conflitos bélicos "na súa maior parte iniciados polas grandes potencias e intereses europeos".

A portavoz do BNG avogou por cambiar o "odio" por políticas de "respecto e solidariedade", ao que sumou unha variación no marco internacional para impedir que a xente continúe abandonando os seus países.

ALTERNATIVAS

No Festival da Poesía do Condado, este ano centrado nos dereitos dos pobos, Pontón destacou que o debate sobre a migración debe ofrecer alternativas a todas as persoas que buscan un lugar "seguro" para vivir e que ven abocadas a abandonar os seus países por causas políticas ou económicas.

Ana Pontón durante a súa visita a Salvaterra.. BNG
Ana Pontón durante a súa visita a Salvaterra.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Cando deixarán de laretar e darán un paso adiante con valentía e algo de imaxinación ? https://i.gal/gamela13 Galicia precisa 1 millón de persoas !!! Xa que tanto lle gusta Euskadi aquí teñen un proxecto de futuro (PNV) ao mellor Agora Repúblicas podería tomar nota dun carallo dunha vez! https://www.lavanguardia.com/politi...