Máis de 250 persoas farán un exame para obter a habilitación de guía de turismo especializado en Galicia

Consistirá en preguntas tipo test sobre historia e cultura galegas, así como recursos turísticos e lexislación, informou a Xunta..

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2019 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

Máis de 250 persoas farán un exame este martes para obter a habilitación de guía de turismo especializado en Galicia. A proba realizarase na Escola Galega de Administración Pública e consistirá en preguntas tipo test sobre historia e cultura galegas, así como recursos turísticos e lexislación, informou a Xunta.

Esta poboa de carácter eliminatorio durará 90 minutos e os aprobados serán convocados nos próximos días para as seguintes probas "no caso de estar na obrigación de facelo", explica o Executivo autonómico.

Neste sentido, os que optan a conseguir a súa habilitación por primeira vez "poden estar exentos da segunda proba" se no momento de presentar a documentación presentaron o certificado Celga 4, e no caso dos estranxeiros, o B2 en galego.

Os profesionais con habilitación en vigor como guías de turismo de Galicia que queiran ser habilitados para outros idiomas "non terán que presentarse a este exame e serán convocados en próximas datas".

A listaxe de persoas admitidas e excluídas para a primeira proba están dispoñibles na web www.turismo.gal, no taboleiro de anuncios da Axencia Turismo de Galicia, e nos departamentos territoriais de Galicia.

Estudantes en exames de oposicións. XUNTA - Arquivo
Estudantes en exames de oposicións. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta