Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2019 | Actualizada ás 19:24
O Concello de Pontevedra esixiu solucións á empresa Naturgy e á Xunta de Galicia ante os reiterados cortes na subministración eléctrica que a cidade do Lérez sufriu durante este mes de agosto.
Nunha rolda de prensa ofrecida este luns, a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, cualificou os continuos apagamentos de "tomadura de pelo" e considerou "especialmente dura" a situación ao asegurar que os cortes de luz prodúcense maioritariamente os fins de semana e nas horas centrais do día, afectando á actividade económica do municipio.
A edil nacionalista criticou a "pasividade" mostrada pola empresa pois, conforme asegurou, non é a primeira ocasión na que o Consitorio de Pontevedra remite a Naturgy unha comunicación para solicitarlle que revise o estado dos seus equipamentos, infraestruturas e redes.
Por iso, o goberno municipal lamenta que as súas peticións non tivesen resposta por parte da subministradora. Ademais, a concelleira sinalou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria son "coñecedores" deste problema e, a pesar de ter as competencias en materia enerxética, non se adoptaron medidas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.