Así son as ONG's, a solidariedade viaxeira

Cooperación internacional, cooperación nacional interna para campañas contra a pobreza ou alfabetización de adultos. O traballo das ONG's é inxente. GC comeza unha serie de reportaxes sobre o seu papel na sociedade actual. Falamos coa Cordinadora Galega de ONG sobre o seu traballo no exterior, especialmente, en América Latina.

Por Moncho Mariño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Organizacións non gubernamentais (ONG) rescatando inmigrantes en augas do Mediterráneo e abrindo telexornais. Nos últimos días son moitas ONG as que asoman nas noticias. Pero cal é o seu traballo e que fan?.

Rescate de inmigrantes por ONG
Rescate de inmigrantes por ONG | Fonte: gaceta.es

Tal e como indica o seu nome, Organización non gobernamental, indica unha posición de independencia con respecto aos mandatos dos estamentos estatais. Así poderíase entender que unha ONG pode ser calquera iniciativa privada sen ánimo de lucro. Mais co tempo esta figura xurídica quedou para as organizacións  que non están vinculadas de maneira directa ao goberno e sen ánimo de lucro. Non obstante, a falta de ánimo de lucro non implica directamente ser unha ONG, pode ser unha sociedade ou fundación que busca a exención ou evitar as obrigas fiscais. 

Os campos de actuación poden ir desde a cooperación internacional, a cooperación nacional interna para campañas contra a pobreza, alfabetización de adultos, etc. Achegámonos á Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. “Somos unha plataforma, unha asociación que xunta corenta e seis entidades de cooperación internacional con sede en Galicia”, describe María Paz, secretaria xeral da Coordinadora que engade “temos por obxectivo fomentar unha política de cooperación pública galega”.

Se preguntamos que é unha ONG e cal pode ser o seu obxectivo, María Paz declara que “no noso caso é unha organización que busca loitar contra a desigualdade e a pobreza en países que denominariamos pobres”. Entre os obxectivos estaría en paliar os efectos de altas taxas de pobreza que  impiden o acceso á auga ou saneamento básico, dereitos humanos ou igualdade de xénero. “Tamén é moi importante incidir nas causas desa pobreza concienciando á xente de aquí sobre o que acontece no mundo”

As suspicacias arredor destas organizacións, sobre todo as de ámbito internacional, apuntan o tempo  e recursos que poderían adicar para a resolución de problemas internos en Galicia. “Calquera persoa que estea en África ou América, non desatende as desigualdades que se dan aquí. Cooperación Internacional quere dicir afrontar problemas políticos, enfrontar políticas que non poñen no centro as persoas” defende María Paz. “Ir traballar a países africanos ou americanos non quere dicir traballar unha única persoa, significa acompañar a outras tantas organizacións e movementos sociais neses países”. “A vulnerabilidade das persoas ten unha manifestación moi crúa en países pobres, apoiando organizacións locais” di Paz.

FINANCIAMENTO, COMPOSICIÓN

Segundo o informe “O traballo das ONG galegas no Mundo”, a maioría destas organizacións responden á figura xurídica de asociación, máis do 60%, mentres que algo menos do 40% serían fundacións. Por outra parte, as achegas coas que manter os diferentes proxectos das ONG galegas, segundo o mesmo documento, sinala unha maior aportación de entidades ou persoas privadas. Con todo, a Xunta de Galicia por exemplo, mediante a axencia Cooperación Galega, abre liñas de axudas para a intervención exterior por parte de asociacións sen ánimo de lucro.

“Foi revelador que a cooperación feita desde Galicia ten máis aportación de mans privadas, que non teñen que ser empresas, mais sobre todo de persoas individuais que aportan cotas como socios e socias” describe María Paz. “É difícil dicir cales son as asociacións ou persoas individuais que poden aportar fondos”.

Os orzamentos investidos desde ONG galegas, segundo a Coordinadora foron en total 6.123.000 euros divididos en sesenta e oito proxectos. “Os 6,1 millóns de euros son o custe total das iniciativas que estaban en marcha en 2017 e non os fondos executados exclusivamente ese ano” sinala o informe “O traballo das ONGD galegas no mundo”. “Cada organización procura os fondos necesarios para levar adiante esa iniciativa, pode haber unha convocatoria de axudas públicas para este tipo de proxectos” din desde a Coordinadora.

A materialización dun proxecto comeza por “establecer mínimos comúns, cales son as esixencias, demandas, o que queremos promover diante da cidadanía e da administración, logo os órganos da asociación toma as seguintes decisión” sinala a Coordinadora.  As políticas aplicadas polas organizacións non gobernamentais actualmente teñen como unha das súas premisas principais, non suplir a figura ou intervención dos estados dentro das áreas onde as ONG traballan.

BASE SOCIAL

As enquisas sobre persoas que ingresan, son socias ou participan en proxectos dentro da cooperación internacional en Galicia, a maioría son mulleres, concretamente o 60% (12.849) mentres que o 40 % son homes (8.573). “O ámbito do social está conformado maioritariamente por mulleres, porque historicamente ese foi o noso rol na vida, ao final é que somos as mulleres as que moitas veces formamos a cooperación social, non sempre somos as súas cabezas, mais somos as que alimentamos o día”.

Esta base de persoas divídense entre voluntarios e persoal contratado. “As ONG somos asociacións da sociedade civil, para moitos de nós, tamén depende da aposta que fagan, mais para nós ser entidade participadas e que integren a cidadanía solidaria, forma parte dos nosos obxectivos” sinala María Paz. “Queremos facer das nosas organizaciósn espazos de colaboración social, así que por unha banda contamos con persoas formadas con capacidade profesional para desenvolver proxectos e dar resposta aos orzamentos, e logo as persoas que sen aspirar a ser traballadores, si que queren dispor de parte do seu tempo para participar dos cambios que buscamos”.

As ONG galegas que traballan en proxectos internacionais compartillan a idea de solidariedade que outras ONG que desenvolven actividades en ámbitos máis domésticos. A cuestión é coñecer tamén se a pegada que deixan é permanente, sofre transformacións ou se queda nun intento, e saber tamén por que ocorre isto último.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 sermos mantidos

O negocio das ONGs está en conservar e ampliar os clientes: que se manteña a pobreza e a inxustiza, a maior catástrofe máis sensibilidade e ingresos. É repugnante saber os métodos que empregan: o despilfarro e ineficiencia de Haití está demostrado, o marketing desde Suiza resulta repulsivo, os gastos internos e salarios dos directivos de escándalo, os abusos sobre os traballadores silenciados, a competencia entre elas como avoitres carroñeiros... Non hai auditoría pública, aquí na Galiza xa levamos varios casos de corrupción destapados, e hai ONGs familiares!!! Si, na Coordinadora, e sábeno moi ben!!! Moi triste, todo polo negocio particular e por confundir compaixón e a caridade con Xustiza!!!

3 Sentidiño

Parabéns, Viriatus e Oenejetas. Unha das fallas da xente da ultradereita era non saber falar galego, pero vós sodes proba do contrario. Á fin, a galeguización do ensino primario amosa os seus froitos.jU

1 Viriatus

Sentidiño, paréceme que a tí o idioma dáche o mesmo, ou o empregas para despistar. Para los piratas sin fronteras lo importante es seguir mamando estilo Oxfam en Haití.

2 Oenejetas S.A.

A estas alturas xa todo o mundo sabe que estes chiringuitos que actúan baixo a fachada da beneficencia son en realidade tentáculos de multinacionais, servizos de intelixencia e lobbys diversos. Os obxectivos: desestabilización de países "gamberros", enxeñería social, introducción en masa de inmigrantes para arruinar economías, etc.

1 Viriatus

E tamén un negocio como outros. A solidariedade ben remunerada é a forma de vida de moita xente