A industria catalá espándese en Galicia

A multinacional Phibo adquire a compañía galega de implantoloxía dental Sineldent.

Por Europa Press / Redacción | BARCELONA | 03/09/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A multinacional catalá de implantoloxía dental Phibo adquiriu a compañía galega do sector Sineldent, no marco do seu plan de crecemento e expansión, informou a compañía nun comunicado este luns.

Tras a compra, Phibo manterán a operativa de Sineldent, os seus postos de traballo e as plantas de produción, polo que pasará a ter catro fábricas en Sentmenat (Barcelona), Ourense, Madrid e Bogotá (Colombia).

As dúas compañías suman unha facturación conxunta de preto de 40 millóns de euros, máis de 320 traballadores e un volume de produción anual que supera o millón de unidades.

O director executivo de Phibo, Nacho Mestre, asegurou que a adquisición de Sineldent é "unha oportunidade para ofrecer un mellor e máis amplo servizo ao mercado", e defendeu que isto lles sitúa nunha posición altamente competitiva.

"A compra de Sineldent é unha operación de crecemento e consolidación da dixitalización na produción de prótese, algo no que Phibo foi pioneiro", afirmou.

Sineldent, empresa dental galega adquirida por unha multinacional catalá
Sineldent, empresa dental galega adquirida por unha multinacional catalá

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta