Óscar Puente, "ilustre" pasaxeiro dos novos trens Avril entre Madrid e A Coruña

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 14/05/2024 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, viaxará este xoves, 16 de maio, entre Madrid e A Coruña nun dos novos trens de alta velocidade da serie 106 de Renfe, que Talgo comezou a entregar a finais de abril co nome comercial de Avril.

O tren partirá ás 7,30 horas da estación madrileña de Chamartín Clara Campoamor e parará en Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña, segundo informou o Ministerio nunha convocatoria gráfica para a prensa. O traxecto forma parte das viaxes de simulación comercial que está a levar a cabo Renfe de face á posta en servizo dos novos trens o próximo 21 de maio entre a capital española e Galicia e Asturias.

Estas simulacións comerciais, que se realizan co fin de medir, simular, practicar e comprobar todas as fases da propia explotación comercial, iniciáronse a finais de abril no percorrido Madrid-Asturias e regreso, con paradas en Segovia, Valladolid, Palencia, León e Oviedo. Tamén se realizaron xa outras probas con viaxeiros no traxecto entre Madrid e Vigo e regreso, con paradas en Zamora, Ourense, Santiago de Compostela, Vilagarcía e Pontevedra.

O traxecto realízase cos novos trens de Talgo modelo S106 (Avril), de rodaxe desplazable, aptos para viaxar polos traxectos entre Madrid e Galicia e Asturias. Son trens que ofrecen máis de 500 prazas e dispoñen de prestacións como cafetaría a bordo e pantallas táctiles en todos os asentos. A distribución dos seus doce coches realízase entre butacas confort, cunha disposición de asentos 2+2, e de 3+2.

Imaxe dun tren Avril
Imaxe dun tren Avril | Fonte: RENFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta