Activo un incendio forestal no concello ourensán de Cartelle

Nos labores de estabilización e control traballan un técnico, un axente, nove brigadas, cinco motobombas, unha pa, seis avións e catro helicópteros.

Por E.P. | OURENSE | 04/09/2019 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

Efectivos de extinción traballan este mércores na estabilización dun incendio forestal que permanece activo no municipio ourensán de Cartelle.

Incendio forestal. GARDA CIVIL
Incendio forestal. GARDA CIVIL

O lume rexistrado na parroquia de Barca de Barbantes afectou a unha superficie estimada de 20 hectáreas, a falta de peremitración oficial.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse sobre as 15,10 horas deste mércores na parroquia de Anfeoz.

Nos labores de estabilización e control traballan un técnico, un axente, nove brigadas, cinco motobombas, unha pa, seis avións e catro helicópteros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta