Como afectaría un Brexit duro ao sector pesqueiro, téxtil e da automoción en Galicia?

A Xunta activa unha comisión para analizar a súa incidencia en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2019 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

O Goberno galego porá en marcha unha comisión interdepartamental para analizar os posibles efectos e incidencia nos sectores produtivos e os cidadáns da comunidade que residen en Reino Unido ante a posibilidade dun 'Brexit' duro inmediato.

Aínda que a recente derrota do primeiro ministro británico, Boris Johnson, na Cámara dos Comúns bloquea polo momento os seus plans para o 'Brexit' duro --o propio presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse a luces "positivas" dentro da incerteza--, o xefe do Executivo autonómico incidiu na necesidade de "intensificar" o traballo ante un "divorcio" inmediato do Reino Unido con Europa.

"Sería moi mala noticia para os británicos e para Europa que ocorra", defendeu Feijóo, quen explicou que, preventivamente, a Xunta porá a traballar a un grupo operativo, mediante unha comisión interdepartamental, que se encargará de ver os efectos dun posible 'Brexit' no sistema económico, industrial e produtivo da comunidade, así como a incidencia na vida dos máis de 15.000 galegos que residen en Reino Unido.

Non en balde, Feijóo remarcou que en Galicia hai varios sectores que se verían afectados e mencionou en primeiro termo o pesqueiro. Así mesmo, aludiu á incidencia que tería este "divorcio" do Reino Unido con Europa noutros sectores produtivos como o téxtil e a automoción.

Buque da empresa de conxelados Iberconsa. PLATINUM EQUITY
Buque da empresa de conxelados Iberconsa. PLATINUM EQUITY

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta