Temas: R

Os traballadores de subcontratas de R retomarán as mobilizacións contra a deslocalización

Farán unha concentración o día 10 ante a sede da empresa na rúa Real da Coruña.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/09/2019 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

Os traballadores de subcontratas de R retomarán o día 10 as súas mobilizacións cunha concentración, ás 10.30 horas, ante a sede da empresa na rúa Real da Coruña.

Mobilización de traballadores de subcontratas de R
Mobilización de traballadores de subcontratas de R | Fonte: CIG

Co lema 'Non á deslocalización. Pola defensa dos postos de traballo en Galicia', secundarán unha nova mobilización para esixir o mantemento dos empregos.

As protestas repetiranse o día 11, ás 12,00 horas, ante a sede da empresa en Agrela. Continuarán o 24 de setembro, ás 19,30 horas, de novo na rúa Real, e ao día seguinte, diante do edificio administrativo da Xunta, en Monelos, ás 12,00 horas.

Temas: R
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta