O alcalde de Ferrol cre que Caballero "non apostará" por un "goberno en solitario" de entrar no Executivo galego

Valora "normalizar a relación" con administracións como a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Goberno de Estado é "unha obriga".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2019 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, marca as súas prioridades de goberno entre as que se encadran o desenvolvemento da comunicación ferroviaria, o do campus industrial e o apoio ao sector naval, por consideralas "cuestións fundamentais" para a cidade.

Mato fixo esta reflexión nunha entrevista á canle galega de Radio Nacional de España (RNE) este domingo, na que valora que "normalizar a relación" con administracións como a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Goberno de Estado é "unha obrigación" para "sacar adiante" este tipo de asuntos.

Neste sentido, asegurou que defenderá a cidade de Ferrol diante do Goberno central, que espera que "en breve" estea presidido por Pedro Sánchez. De todos os xeitos, incide en que se o PP estivese ao mando do Executivo, "tería a mesma inquietude por resolver os problemas" da vila ferrolá.

Respecto da Xunta, explicou que durante estes catro anos manterá "unha relación cordial", aínda que reclama a "necesidade de impulso" por parte do Goberno galego para mellorar a conexión ferroviaria entre Ferrol e Coruña.

Ao seu xuízo, esta conexión de tren necesita dun traxecto de non máis media hora e que sexa competitivo co desprazamento por estrada, para así romper coas "barreiras" que ten Ferrol e "recuperar poboación" ao facilitar a comunicación co resto de Galicia e Coruña.

REFERENCIAS Á COMUNIDADE E AO ESTADO

En canto ás opcións do PSdeG a entrar no goberno da Xunta de Galicia nas próximas eleccións autonómicas, Ángel Mato cre que Gonzalo Caballero "non apostará" por un mandato "en solitario"; unha fórmula que si está a levar a cabo o edil na cidade e que se expón como unha das opcións de Pedro Sánchez.

Asegura que "o programa de goberno para Galicia ten que estar pensado para os galegos e galegas", porque "ao final é un erro antepor as persoas a un proxecto político". Os representantes son "absolutamente prescindibles" e os "programas" conforman "a expresión real do que un goberno ten que facer".

Estas palabras utilizounas para describir a súa postura respecto da Autonomía e respecto ao Estado, xa que opina que Pedro Sánchez puxo un "programa de 300 medidas encima da mesa" que "se pode seguir falando" e sobre ao que se "debe chegar a un acordo" independentemente de quen o dirixa.

En todo caso, Mato ten por seguro que "España necesita un goberno estable", que "poida reverter políticas que se tomaron en tempos de crises, reverter recortes e baixos investimentos".

BOAS NOTICIAS

Con todo, declarou que con este Goberno en funcións "chegou unha gran noticia para Ferrol", como é a posta en marcha dun programa de fragatas que a xuízo do primeiro edil traerá "moitos anos de traballo". Ao tempo, tamén clama que "canta maior carga de traballo teñan os estaleiros, mellor presentarase o futuro" para xerar postos de traballo.

En concreto, Mato destacou dous proxectos que supoñen un contrato de reparacións e outro de eólica mariña que se traducen en "un moi bo comezo comercial" para a cidade, que "creará moitos empregos".

Anxo Mato, alcalde de Ferrol (A Coruña), no seu despacho no concello.. EUROPA PRESS - Arquivo
Anxo Mato, alcalde de Ferrol (A Coruña), no seu despacho no concello.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta